4th Spanish Young Statisticians and Operational Researchers Meeting (SYSORM)

 

O IV Spanish Young Statisticans and Operational Researchers Meeting (SYSORM) terá lugar en Santiago de Compostela do 19 ao 21 de xuño de 2024. O encontro, impulsado pola Sociedad de Estadística e Investigación Operativa (SEIO), está organizado por e para novas e novos investigadores (con menos de tres anos de experiencia postdoutoral).

O obxectivo do encontro é representar e dar visibilidade ás novas xeneracións de investigadores talentosos en Estatística e Investigación Operativa, abarcando dende temas de investigación metodolóxica ata investigación aplicada, e fomentar a comunicación profesional entre eles, tanto a nivel nacional como internacional.

A actividade reúne catro plenarias de recoñecido prestixio en Estatística e Investigación Operativa e ata 30 charlas aportadas pola mocidade investigadoras. Espérase que cada participante envíe un resumo da súa charla en inglés e faga unha presentación sobre o seu campo de investigación ante unha audiencia de estatísticos e investigadores operativos. As presentacións e as charlas tamén se realizarán en inglés.

 

O Comité Científico está formado por:

  • Beatriz Sinova Fernández (Co-presidenta) (UniOvi)
  • Vanesa Guerrero Lozano (Co-presidenta) (UC3M)
  • Carmen Minuesa Abril (UEX)
  • Elena Castilla González (URJC)
  • Marta Baldomero Naranjo (UCA)

 

O Comité Organizador está formado por:


o Eduardo García Portugués (Co-presidente) (UC3M)
o Jose Ameijeiras Alonso (Co-presidente) (USC e investigador vinculado do CITMAga)
o Javier Álvarez Liébana (UCM)
o María José Ginzo Villamayor (UDC e investigadora vinculada do CITMAga)
o Andrea Meilán Vila (UC3M)
o Alejandro Saavedra Nieves (USC e investigador vinculado do CITMAga)

 

Formulario para o rexistro no 4th SYSORM en calidade de oínte (preme aquí).

 

Máis información (preme aquí).

 

Vémonos no SYSORM en Santiago de Compostela!