Actividades
Actividades
Actividade 13: Curso sobre as matemáticas húngaras
A investigadora vinculada do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Balbina Casas Méndez, participou no "Curso sobre as matemáticas húngaras" que tivo lugar na Facultade de Matemáticas da USC do 15 ao 17 de xullo.
Actividade 12: Ponteciencia 2024
Os días 3 e 4 da maio o Concello de Pontevedra, en colaboración ca Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e co apoio da Universidade de Vigo (UVigo) e outra serie de entidades e empresas promoveu a realización da feira científica de Ponteciencia 2024.
Por parte do CITMAga, a investigadora vinculada da Universidade de Vigo (UVigo), Marta Pérez Rodríguez, coordinou dous obradoiros sobre as aplicacións das matemáticas nos mapas e no movemento.
Máis información (preme aquí).
Actividade 11: Xornada de Formación do persoal contratado do CITMAga
O luns 27 de maio, a investigadora colaboradora do CITMAga, Branca García Correa, impartiu unha sesión sobre os proxectos que está a desenvolver.
Actividade 10: A USC contará cunha Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión na que colabora persoal investigador do CITMAga
Rosa M. Crujeiras, Directora Científica do CITMAga, participará na Cátedra de Intelixencia Artificial en Medicina Personalizada de Precisión da USC.
Máis información (preme aquí).
Actividade 9: Xornada: Retos e oportunidades na investigación matemática
Nesta actividade contouse ca participación das investigadoras vinculadas do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Saray Busto Ulloa e Ana Peón Nieto.
Actividade 8: Obradoiros de divulgación matemática: moito máis que números
Gracias á colaboración das investigadoras vinculadas do CITMAga, Marta Pérez Rodríguez (UVigo) ["Como realizar un obradoiro matemático"] e Ana Belén Rodríguez Raposo (USC) ["Introdución á perspectiva de xénero nas actividades de divulgación científica"] o CITMAga puxo en marcha a primeira sesión práctica sobre Obradoiros de divulgación matemática: moito máis que números que tivo lugar o 14/03/2024 de 16:30h ata as 19:00h.
O obxectivo é que todo o persoal de CITMAga que queira introducirse na divulgación a través de actividades participativas, como obradoiros, teña nesta xornada un punto de inicio e apoio.
Actividade 7: I CONCURSO PIMAGA
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) puxo en marcha o Concurso PIMAga, proxecto divulgativo que pretende descubrir as actividades que realiza o alumnado de Galicia para celebrar o Día Internacional das Matemáticas (14/03).
Con tal motivo, varias investigadoras vinculadas do CITMAga e persoal do Centro colaborou en calidade de organización e xurado na realización do I Concurso PIMAga.
Máis información (preme aquí).
Actividade 6: Ciclo “Matemáticas: de la Facultad a la Empresa y las Organizaciones”
Como parte da primeira actividade da colaboración asinada ca Conferencia de Decanos de Matemáticas, estrease o ciclo de conferencias “Matemáticas: de la Facultad a la Empresa y las Organizaciones”, dirixido ao alumnado de Matemáticas, que ten como obxectivo despertar novas vocacións en matemática industrial e abrir camiño á vía das teses industriais.
A conferencia inaugural a impartiu Rosa M. Crujeiras (directora científica do CITMAga) o mércores 13 de marzo, ás 12:00h, na Aula Magna da Facultade de Matemáticas das Universidade de Santiago de Compostela (UCS) en formato híbrido.
Actividade 5: “Repensando el marco para la valorización del coñecemento en las estratexias e organización de las institucións científicas”
A Directora científica de CITMAGA, Rosa M. Crujeiras, formou parte da primeira sesión deste seminario titulado “Enfoques y experiencias institucionales en el desarrollo de la investigación y la transferencia de conocimiento en instituciones científicas”.
Actividade 4: Presentación do libro “María Wonenburger: A atrevida matemática á que o noso país deu dúas veces as costas”
O xoves 22 de febreiro ás 19:00h no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) na cidade de A Coruña, tivo lugar a presentación do libro “María Wonenburger: A atrevida matemática á que o noso país deu dúas veces as costas”. Nesta presentación estiveron presentes as investigadoras vinculadas do CITMAga da Universidade da Coruña (UDC), Ana Tarrío Tobar e María José Souto Salorio.
Máis información (preme aquí).
Actividade 3: Unha enxeñeira ou científica en cada cole. 9ª Edición
Nesta iniciativa colaboran: M. Elena Vázquez Abal (catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora vinculada do CITMAga), María del Pilar Salgado Rodríguez (profesora titular da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora vinculada do CITMAga), Paula Saavedra Nieves (profesora contratada doutora da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora vinculada do CITMAga), Ana Belén Rodríguez Raposo (profesora contratada doutora da Universidade de Santiago de Compostela e investigadora vinculada do CITMAga) e Rosa M. Crujeiras (catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e Directora Científica do CITMAga).
Máis información (preme aquí).
Actividade 2: “Medindo como se curvan as cousas”
O 22 de xaneiro, M. Elena Vázquez Abal, investigadora vinculada do CITMAga, impartiu unha charla na Aula Magna da Facultade de Matemáticas (USC) titulada “Medindo como se curvan as cousas” ante o alumnado de bacharelato do IES Monte Neme.
Actividade 1: “Todas as matemáticas á vez, en todas partes”
Érika Diz Pita (profesora axudante doutora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e persoal investigadora vinculada do CITMAga) impartiu a conferencia “Todas as matemáticas á vez, en todas partes”, o 18 de xaneiro no marco do ciclo de conferencias Contando Ciencia. Esta iniciativa foi organizada pola Biblioteca “O Segrel do Penedo” do IES de Fene que, coa colaboración da Concellería de Ensino do Concello de Fene, e ten como obxectivo achegar a ciencia á poboación en xeral.
Máis información (preme aquí).