AFID
AFID: AUTONOMOUS FLYING INSPECTION DEVICE
O proxecto AFID nace co fin de desenvolver un sistema para realizar a inspección automática da conformidade interior dun vehículo nunha liña de produción OEM mediante monitorización remota.
Como solución a esta necesidade, o sistema proposto basea o seu desenvolvemento na utilización de UAVs con tecnoloxía de visión artificial embarcada. Deste modo, ofrécese unha solución disruptiva ás necesidades de mercado, mediante un proxecto multisectorial que responde a diversos retos en materia de innovación e desenvolvemento.
Utilizáranse tecnoloxías facilitadoras para abordar o proxecto como:
- Visión artificial: sistemas para a adquisición, procesado e análise intelixente de imaxes.
- Computación avanzada: HPC (High Performance Computer), tecnoloxía empregada para o arquivo, almacenado e tratamento de datos obtidos a partir da visión artificial mediante o emprego de ordenadores de altas capacidades.
- Redes neuronais: técnicas de Machine Learning para aprendizaxe autónomo do sistema nas súas diferentes actividades.
- Traxectorias programadas: tecnoloxía facilitadora empregada para o voo non tripulado do dron, clave para a obtención dun sistema de guiado en interiores de forma autónoma.
O consorcio encargado de desenvolver o proxecto está formado polas seguintes empresas expertas nas actividades a desenvolver e grupos de investigación con recoñecemento internacional: EUROPRECIS S.L., ENXENIA S.L., CITMAGA, UNIVERSIDAD DE VIGO (GRUPO CIMA e GRUPO ENERGÍA ELÉCTRICA).
Este proxecto, preséntase como unha solución que responde ás necesidades actuais e exemplifica os obxectivos da industria 4.0, levando a cabo a automatización e dixitalización da totalidade das fases do proceso de conformidade interior.
Podedes seguir as novidades deste proxecto na súa páxina de LinkedIn (preme aquí).
Proxecto CPP2021-008513, financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033 e pola Unión Europea-NextGenerationEU/PRTR