Algebraic Topology
Conference on Algebraic Topology
Os días 23 e 24 de abril terá lugar na Facultade de Matemáticas (USC) a Conference on Algebraic Topology, un evento científico que ten por obxectivo servir de punto de encontro entre o persoal investigador especializado no ámbito da topoloxía alxébrica á hora de compartir os seus traballos e resultados.
O Congreso contará cun Comité Organizador formado por:
- Alejandro O. Majadas Moure (CITMAga, USC)
- David Mosquera Lois (UVigo)
Pola súa banda, o Comité Científico estará formado por:
o Jesús Antonio Álvarez López (CITMAga, USC)
o Nicholas Scoville (Ursinus College, EEUU)
o Sebastien Álvarez (Universidad de la República, Uruguay)
Datas importantes:
- Envío de abstracts: ata o 01/04/2025
- Notificación de aceptación: antes do 04/04/2025
- Rexistro do público participante: ata o 21/04/2025
Temáticas:
Topoloxía alxébrica e temas relacionados.
Datas: 23-24 de abril 2025.
Lugar: Facultade de Bioloxía (USC) e Facultade de Matemáticas (USC).
Rexistro: (preme aquí).
Envío de abstracts: Envío a david.mosquera.lois@uvigo.es e alejandro.majadas@usc.es indicando en asunto “Abstracts | Conference on Algebraic Topology”.
Horario: (preme aquí).
A Conference on Algebraic Topology, de rexistro gratuíto, empregará o idioma inglés como lingua oficial do mesmo.
Non perdades a oportunidade de acompañarnos!