BOLSAS EXPLORA

 

Convocatoria “Bolsas Explora” para a iniciación á investigación para alumnado de mestrado no Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia - CITMAga

CITMAga, co obxecto de configurar a súa estratexia de captación de talento a todos os niveis, lanza esta segunda convocatoria de BOLSAS EXPLORA co obxecto de fomentar a iniciación á investigación de estudantado de máster, realizando prácticas formativas no marco da Axenda Científica M4 do CITMAga, que se pode consultar neste enlace da páxina web do CITMAga.

O obxecto das bolsas Explora é o de fomentar a iniciación á investigación mediante a atracción de estudantado de máster interesado na realización de prácticas formativas no marco da Axenda Científica M4 do CITMAga.

As persoas beneficiarias terán asignado un tema de investigación nunha das áreas de investigación da Axenda Científica M4, que seleccionarán dunha lista de temáticas ofertadas no momento de aceptación da bolsa. O alumnado participante no programa iniciarase na investigación na temática asignada, podendo participar nas actividades que se organicen no centro.

O programa de bolsas contará coa supervisión dunha persoa investigadora vinculada ao CITMAga das universidades do SUG.

As prácticas formativas que son obxecto destas bolsas terán unha duración dun mes e desenvolverase do 1 ao 31 de outubro de 2022.

  • Publicidade e prazo de presentación de solicitudes

As bases e a convocatoria publicaranse na web do CITMAga. O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación na web do CITMAga e rematará aos 5 días naturais a partir do día seguinte ao da súa publicación.

  • Prazo de presentación: ata o 24 de setembro as 23:59 h.

 

Actividade financiada coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades