Comité Asesor Científico Externo
Comité asesor científico externo
Comité Asesor Científico Externo
PROPOSTA DE CREACIÓN DO COMITÉ ASESOR CIENTÍFICO EXTERNO (CACE) DO CITMAGA
- O Comité Asesor Científico Externo (CACE) e as súas función
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), tal e como se describe nos seus Estatutos, ten como fin converterse nun piar de excelencia científica dentro do ecosistema de innovación e investigación de Galicia, formando, atraendo e retendo talento, para dotar a sociedade e a industria galega e española de coñecemento innovador e vantaxes competitivas e sustentables a través do acceso a capacidades científicas e tecnoloxías de primeiro nivel.
Así mesmo, o CITMAga considera como eixe fundamental da súa actividade o pulo á transferencia de tecnoloxía e coñecemento a través da súa oficina de xestión dos resultados da investigación (ITMATI) e do programa transversal de transferencia do consorcio.
O Consello Reitor é o órgano superior de goberno do CITMAga, como se establece no Artigo 10 dos Estatutos do centro. Correspóndelle, entre outras atribucións, o nomeamento e cesamento dos membros do Comité Asesor Científico Externo e do Comité Asesor Industrial (Artigo 10.4.i).
No artigo 16 dos Estatutos descríbese a composición e tarefas do CACE, sendo este o principal órgano consultivo externo de carácter científico do CITMAGA, que será o encargado de realizar o seguimento do Centro e avaliar de forma continuada a súa actividade, así como ao seu persoal investigador. O CACE estará integrado por un mínimo de tres e un máximo de cinco membros, dos cales un actuará como presidente e outro como secretario.
Os membros do Comité Asesor Científico Externo son nomeados polo Consello Reitor de entre persoas de recoñecido prestixio científico e de transferencia no ámbito das matemáticas que non formen parte do persoal investigador do CITMAga, e serán designados por un período de catro anos, renovables por outros períodos de igual duración.
Son atribucións do Comité Asesor Científico Externo (Artigo 16. 5):
- Asesorar o Consello Reitor e a Dirección Científica sobre a definición temática e orientación da investigación que se vaia desenvolver no CITMAga, así como sobre calquera outro aspecto que se considere oportuno.
- Asistir o Consello Reitor e a Dirección Científica sobre o seguimento da evolución da investigación e da transferencia dos resultados.
- Avaliar as solicitudes de vinculación de novo persoal investigador.
- Avaliar a memoria anual de actividades do CITMAga.
- Avaliar, cada dous anos, o progreso das accións vinculadas ao plan estratéxico e a implantación da axenda científica, xunto co desempeño da persoa titular da Dirección Científica e o progreso do persoal investigador do CITMAga.
- Avaliar, cada catro anos, a actividade científica do persoal investigador do CITMAga e dos grupos que o integran, considerando a súa contribución ao desenvolvemento da axenda científica e á consecución dos seus obxectivos.
- Avaliar globalmente cada catro anos a actividade do CITMAga.
Para a súa aprobación por parte do Consello Reitor Constitutivo, propóñense como membros do CACE a cinco investigadores de probada excelencia científica nos ámbitos da Axenda Científica do CITMAga.