Como participar
Como participar no Consultorio VídeoMatemático?
Dende o CITMAga estamos moi emocionados de anunciar que estreamos o noso novo proxecto audiovisual, o Consultorio VídeoMatemático, unha iniciativa que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Co obxectivo de achegar a matemática á sociedade nace este proxecto no que se pretende dar resposta nunha linguaxe divulgativa e próxima á cidadanía ás inquietudes que no plano matemático, os nosos adolescentes e xuvenís poden chegar a ter.
Primeiramente, faremos unha recompilación de intereses e dúbidas da mocidade e despois elaboraremos un conxunto de vídeos divulgativos tras un cribado previo para que os vídeos seleccionados participen nun concurso e así poder darlles respostas ás cuestións formuladas.
Deste modo, o procedemento a seguir para participar nesta nova iniciativa é o seguinte:
Perfil público:
- Para recoller a información sobre intereses e dúbidas matemáticas analizaremos os vídeos que a xuventude nos fai chegar. Desta forma, animámosvos a realizar un vídeo curto, en formato vertical, propoñendo unha dúbida ou cuestión matemática para que as nosas expertas e expertos lle dean resposta.
- Os vídeos haberá que publicalos Instagram e co #CuestionDeMates mencionar o @citmaga en Instagram. Desta forma, poderemos ver o voso vídeo e descubrir os vosos intereses!
- No caso de non ter perfil de Instagram o vídeo pode chegarnos a través da nosa canle de Twitter! Co #CuestionDeMates mencionárase o @CITMAga en Twitter e poderemos ver as vosas cuestións.
- Ademais, se non tes un perfil propio nas redes sociais, o envío dos vídeos o poderás facer a través da conta institucional do teu centro de estudios, asociación ou instituto. Queremos contar contigo!
- Unha vez termine o prazo de subida de vídeos, analizaremos os materiais e seleccionaremos os vídeos participantes no concurso de #CuestionDeMates.
Perfil privado:
- Para recoller a información sobre intereses e dúbidas matemáticas analizaremos os vídeos que a xuventude nos fai chegar. Desta forma, animámosvos a realizar un vídeo curto, en formato vertical, propoñendo unha dúbida ou cuestión matemática para que as nosas expertas e expertos lle dean resposta.
- Os vídeos haberá que envíalos ó correo-e de citmaga@citmaga.gal . Desta forma, poderemos ver o voso vídeo e descubrir os vosos intereses!
- Neste caso, haberá que asinar a correspondente autorización de “CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE”, que será enviada desde o correo-e de citmaga@citmaga.gal á persoa participante.
- Unha vez termine o prazo de subida de vídeos, analizaremos os materiais e seleccionaremos os vídeos participantes no concurso de #CuestionDeMates.
Non perdades esta oportunidade para participar!
O prazo de envío de vídeos comezará o xoves 30 de novembro e rematará o 31 de xullo de 2024. Desexámosvos sorte a todos os participantes!
A clasificación dos vídeos farase en 3 fases ao longo do ano 2024 (xaneiro, abril e setembro), nas que se irán publicando na canle de Youtube do CITMAga aqueles vídeos recibidos que destaquen pola súa orixinalidade e/ou seu interese matemático. O concurso resolverase no mes de novembro de 2024.
Por este motivo, invitámosvos a que nos sigades na nosa canle de Instagram, xa que nos vindeiros días estaremos a publicar un contido moi especial. Non perdades de vista as novidades de @citmaga en Instagram!
Agardamos que gocedes da estrea desta nova iniciativa, co voso apoio seguiremos traballando no desenvolvemento de futuras actividades audiovisuais!