Congresos
Congresos
Congresos 17: 184 European Study Group with Industry (184 ESGI)
Nesta edición, que tivo lugar do 25 ao 29 de novembro de 2024 na Facultade de Matemáticas (USC), contou ca presenza de Laura López Paz (técnica grado medio de investigación do CITMAga) como parte do Comité Organizador.
Máis información (preme aquí).
Congresos 16: III Congreso & XIV Jornadas de Usuarios de R
Por parte do CITMAga, no III Congreso & XIV Jornadas de Usuarios de R, que tivo lugar do 6 ao 8 de novembro de 2024 en Sevilla, participou a investigadora colaboradora do CITMAga, Marta Rodríguez Barreiro. Neste encontro aproveitou para presentar o traballo “R en la lucha contra los incendios forestales: conociendo la evolución de un incendio”.
Máis información (preme aquí).
Congresos 15: XI Xornada de Usuarios de R en Galicia
Nesta edición, que tivo lugar o 24 de outubro de 2024 na Facultade de Matemáticas (USC), contou ca presenza de María José Ginzo Villamayor (investigadora vinculada do CITMAga da USC) como parte do Comité organizador e Científico.
Máis información (preme aquí).
Congresos 14: UIE Conference 2024
Na UIE Conference 2024, que tivo lugar do 8 ao 11 de outubro de 2024 en Niza (Francia), en representación do CITMAga, participou a investigadora vinculada Mª Dolores Gómez Pedreira, profesora da USC, quen actuou como relatora principal cunha charla titulada "Advancing Industrial Electric Furnace Operation and Design Through Mathematical Modeling and Simulation Insights".
Máis información (preme aquí).
Congresos 13: Optimization and Wildfire Conference
A Optimization and Wildfire Conference tivo lugar do 1 ao 4 de outubro en Luso (Portugal) e nela participou a investigadora colaboradora do CITMAga e persoal en formación da UDC, Marta Rodríguez Barreiro. A investigadora presentou o traballo titulado "Iterated Local Search for Firefighting Helicopter Planning".
Máis información (preme aquí).
Congresos 12: Symmetry and shape 2024
O Congreso Symmetry and shape 2024 que tivo lugar do 23 ao 27 de setembro de 2024 en Santiago de Compostela contou no Comité Organizador ca participación de: Ixchel Dzohara Gutiérrez Rodríguez (UVigo e investigadora vinculada do CITMAga) e M. Elena Vázquez Abal (USC e investigadora vinculada do CITMAga).
Máis información (preme aquí).
Congresos 11: 28th International Congress of Onomastic Sciences
Do 19 ao 23 de agosto tivo lugar na cidade de Helsinki (Finlandia) o 28th International Congress of Onomastic Sciences (ICOS 2024) no que estivo presente a investigadora vinculada da USC, María José Ginzo Villamayor.
Máis información (preme aquí).
Congresos 10: Workshop de Topoloxía
María José Pereira, investigadora vinculada do CITMAga da Universidade da Coruña (UDC), participou no Workshop de Topoloxía que tivo lugar na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o pasado luns 22 de xullo, a través da charla "An Application of Algebraic Topology to Economics".
Máis información (preme aquí).
Congresos 9: 9 European Congress of Mathematics
Do 15 ao 19 de xullo celebrouse en Sevilla o 9 European Congress of Mathematics, o congreso que cada catro anos se organiza dende a European Mathematical Society, e que este ano foi acollido pola Universidad de Sevilla, e organizado polo seu Instituto de Matemáticas, IMUS.
Entre os participantes, destacan:
- Lucía López Somoza, investigadora vinculada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que levou a cabo a súa exposición “Existence of solutions of nonlinear systems of ODEs subject to arbitrary linear non-local boundary conditions”.
- Érika Diz Pita, investigadora vinculada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que levou cabo a súa exposición “Advances in the study of the global dynamics of Lotka-Volterra systems in dimension three”.
Máis información (preme aquí).
Congresos 8: European Meeting on Game Theory 2024 (SING19)
No European Meeting on Game Theory 2024 (SING19) que se celebrou do 8 ao 10 de xullo de 2024 en Francia, por parte do CITMAga, estiveron presentes M. Gloria Fiestras Janeiro (UVigo) e María Gómez Rúa (UVigo), sendo ambas investigadoras vinculadas do CITMAga da Universidade de Vigo (UVigo).
Máis información (preme aquí).
Congresos 7: Xornada Sinerxías CITENI – CITMAga
O pasado venres 5 de xullo na cidade de Ferrol tivo lugar a Xornada de Sinerxía Científica, organizada en colaboración entre o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), un encontro que resoltou de gran interese para a comunidade científica do CITMAga.
Por parte do CITMAga participou Noelia Bazarra (investigadora vinculada do CITMAga da UVigo) a través da súa exposición titulada “Aplicacións da termomecánica, remodelación ósea e mecánica celular”.
Máis información (preme aquí).
Congresos 6: 33rd European conference on Operational Research
A investigadora colaboradora do CITMAga, Marta Rodríguez Barreiro, participou no 33rd European conference on Operational Research que tivo lugar do 30 de xuño ao 3 de xullo de 2024 na cidade de Copenhgen (en Dinamarca).
Máis información (preme aquí).
Congresos 5: ISNPS 2024
Do martes 25 ao sábado 29 de xuño tivo lugar en Braga (Portugal) o 6th International Symposium on Nonparametric Statistics (ISNPS2024), une congreso que reúne cada dous anos ás investigadoras e investigadores máis destacados do ámbito da estatística non paramétrica.
Pola súa banda, entre o persoal investigador que levou a cabo as súas exposicións no Congreso ISNPS 2024 estiveron presentes María Xosé Rodríguez (investigadora vinculada do CITMAga da UVigo) e Marta Sestelo Pérez (investigadora vinculada do CITMAga da UVigo), que mostraron as investigacións que se levan a cabo no seno do grupo SiDOR.
Tamén participaron María Isabel Borrajo García, Mercedes Conde Amboage e Beatriz Pateiro López (sendo todas elas investigadoras vinculadas do CITMAga da USC), María Alonso Pena (persoal colaborador do CITMAga da USC), María Vidal García (persoal en formación do CITMAga da USC) e Rosa M. Crujeiras Casais (directora científica do CITMAga), como representación do persoal vinculado do CITMAga da USC, con relatorios convidados e contribucións orais. Esta alta representación do persoal investigador do CITMAga é proba do interese da temática para a axenda científica do noso centro.
Esta actividade foi organizada co apoio do IMS (Institute of Mathematical Statistics) e do CMAT (Centro de Matemática, Universidade do Minho), co que o CITMAga ten un acordo de entendemento, reunindo a case 400 expertos de todo o mundo no ámbito da estatística non paramétrica e semiparamétrica.
Máis información (preme aquí).
Congresos 4: Escola de Verán “Tudela Numérica, curso y encuentro de análisis numérico Francisco Javier Sayas”
Do 11 ao 14 de xuño celebrouse no campus da Universidad Pública de Navarra en Tudela a Escola de Verán “Tudela Numérica, curso y encuentro de análisis numérico Francisco Javier Sayas”.
Este encontro centrarase no estudo de cuestións básicas de diversas liñas de investigación, con particular atención na mocidade investigadora nas primeiras etapas das súas carreiras. Desta forma, preténdese crear un ambiente propicio para o intercambio e a interacción con expertos de distintas disciplinas, nun entorno informal e distendido.
Nesta actividade participaron Elena Vázquez Cendón (investigadora vinculada da Universidade de Santiago de Compostela e decana da Facultade de Matemáticas da USC) cunha charla de divulgación matemática e Patricia Barral (investigadora vinculada da Universidade de Santiago de Compostela) a través dunha conferencia.
Máis información (preme aquí).
Congresos 3: Reunión de Proxecto SisAl Pilot 2024
Do 27 ao 29 de maio, a investigadora vinculada da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Dolores Gómez viaxou a Johannesburgo, en representación de CITMAga, para unha das últimas reunións de consorcio do proxecto. Mintek, unha organización nacional de investigación mineira de Sudáfrica, foi a anfitrioa. Durante o evento, organizáronse visitas industriais ás plantas de Ferroglobe y Transalloys.
Congresos 2: Workshop Optileco: Optimization, learning and cooperation with applications in economics, energy and logistics
Nesta actividade realizada o 12 de abril de 2024 participaron as investigadoras: Estela Sánchez Rodríguez (investigadora vinculada do CITMAga da UVigo), Rosa M. Crujeiras (Directora Científica do CITMAga), Iria Rodríguez Acevedo (investigadora en formación do CITMAga da USC) e Marta Rodríguez Barreiro (investigadora propia do CITMAga).
Máis información (preme aquí).
Congresos 1: Seventh Chilean Workshop on Numerical Analysis of Partial Differential Equations (WONAPDE 2024)
O Centro de Investigaciones en Ingeniería Matemática (CI²MA) de la Universidad da Concepción (Chile) organizou o Seventh Chilean Workshop on Numerical Analysis of Partial Differential Equations (WONAPDE 2024), dende o 15 ao 19 de xaneiro de 2024.
Por parte do CITMAga, participaron neste encontro as profesoras María Dolores Gómez Pedreira e María del Pilar Salgado Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela e persoal investigador vinculado do CITMAga).
Máis información (preme aquí).