Convocatoria de adhesión do persoal en formación
Convocatoria de adhesión do persoal en formación
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) ten de forma constante e permanente aberta a posibilidade de invitar ao seu alumnado de doutoramento a incorporarse ao CITMAga en calidade de persoal investigador en formación.
Para efectuar esta adhesión polas vías formalmente establecidas será preciso que o persoal investigador en formación complete a documentación anexa de cara a poder validar a súa incorporación ao CITMAga.
Neste sentido, cabe sinalar que o persoal investigador en formación, a parte de poder formar parte da nosa lista de contactos, recibir a información oportuna sobre as comunicacións do Centro, aparecer reflexado como tal nas Memorias Anuais do CITMAga, así como, contar cunha rede de apoio sólida, tamén poderá optar a facernos chegar as súas propostas no ámbito da divulgación científica como, por exemplo, a través do envío das solicitudes da “convocatoria permanente de axudas do CITMAga para a realización de actividades científicas”.
DOCUMENTACIÓN:
CONVOCATORIA DE ADHESIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR EN FORMACIÓN DO CENTRO DE INVESTIGACIÓN E TECNOLOXÍA MATEMÁTICA DE GALICIA – CITMAga
ANEXO I. Compromiso Vinculacion do Persoal investigador Formacion_CITMAga
ANEXO II. Persoal Inv Formacion CITMAga_Protección de Datos
Prazo para a presentación de solicitudes: está aberto de forma permanente.
Envío de solicitudes: a través do correo-e citmaga@citmaga.gal.
Resolución: será notificada a través do correo-e citmaga@citmaga.gal.