Delegado Protección de datos
Delegado de Protección de datos (DPD)
O artigo 37.1 do Regulamento UE 2016/679 Xeral de Protección de Datos (RXPD), establece que as autoridades e organismos públicos teñen a obrigación de designar a un Delegado de Protección de Datos (DPD).
O CITMAga designou ao seu DPD correctamente, tal e como se pode comprobar en: Consulta DPD
- Delegado de Protección de Datos: APDTIC PROFESIONALES, S.L.
- Contacto: dpd@citmaga.gal
As súas funcións veñen definidas no artigo 39 do RGPD e consisten principalmente en informar e asesorar ao CITMAga e aos seus traballadores sobre as obrigacións que lles incumben no tratamento de datos de carácter persoal, e a supervisión do seu cumprimento. Así mesmo, debe cooperar coa Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) e actuar como punto de contacto entre esta e o CITMAga.
Á súa vez, calquera cidadán poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos se lle xorden dúbidas sobre o tratamento dos seus datos por parte do CITMAga ou non está conforme co mesmo. Para iso, pode contactar co Delegado de Protección de Datos do CITMAga dirixíndose por escrito á dirección de correo dpd@citmaga.gal
Máis información: Axencia Española de Protección de Datos – Delegado de Protección de Datos