DiAlFa
DiAlFa: Desenvolvemento dunha ferramenta dixital de alerta temperá para a análise de fatiga baseada en datos hidro-termo-mecánicos
DiAlFa é un proxecto de I+D co reto da modelización e a predición de fenómenos de fatiga no sistema de tubaxes en plantas industriais do sector da enerxía, mediante o Desenvolvemento dunha ferramenta dixital de alerta temperá para a análise de fatiga baseada en datos hidro-termo-mecánicos.
O proxecto, que contará cunha duración de 3 anos, estará liderado polo investigador vinculado do CITMAga da UDC, Andrés Prieto Aneiros, e polo investigador vinculado do CITMAga da USC, Manuel Febrero Bande que, xunto a un equipo multidisciplinar, compartirán coñecementos no ámbito da matemática aplicada e a estatística para enfrontarse aos obxectivos que expón a liña 8 da convocatoria: desenvolvemento dunha ferramenta de intelixencia artificial para a análise de fatiga vibracional para a mellora dos plans de xestión de vida nas centrais nucleares.
O proxecto DiAlFa (SUBV-11-2024) é financiado pola convocatoria 2024 de subvencións destinadas á realización de proxectos de I+D+i do Consello de Seguridade Nuclear (CSN).
Novas:
Reunión de proxecto, segundo timestre - 14/07/2025
Reunión de comezo de proxecto – 11/12/2024
CITMAga puxo en marcha o proxecto “Desenvolvemento dunha ferramenta dixital de alerta temperá para a análise de fatiga baseada en datos hidro-termo-mecánicos” - DiAlFa financiado pola convocatoria 2024 de subvencións destinadas á realización de proxectos de I+D+i do Consejo de Seguridad Nuclear (CSN).