Efemérides
Efemérides
Efeméride 6: Día da Muller Matemática (12/05)
Con motivo do día 12 de maio, Día da Muller Matemática, o CITMAga levou a cabo unha campaña en X no que se pretendía que a nosa rede de contactos descubrira algunha das investigadoras do Centro e nos propuxera aqueles nomes propios femininos que máis impacto lles ocasionaran no seu desenvolvemento académico e profesional.
Máis información (preme aquí).
Efeméride 5: Día da muller e a nena na ciencia: Muller científica = Bicho raro
Con motivo do día 11 de febreiro, o Día da muller e a nena na ciencia, a investigadora vinculada do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), M. Elena Vázquez Abal levou a cabo na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a charla "Muller científica = Bicho raro".
Efeméride 4: Día da muller e a nena na ciencia: Xogando con modelos matemáticos
Con motivo do día 11 de febreiro, o Día da muller e a nena na ciencia, a investigadora vinculada do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María del Pilar Salgado Rodríguez levou a cabo no Colexio Divino Maestro (Santiago de Compostela) a charla "Xogando con modelos matemáticos".
Efeméride 3: Día da muller e a nena na ciencia: Son matemática e o meu traballo serve para... facer baldosas!
Con motivo do día 11 de febreiro, o Día da muller e a nena na ciencia, a investigadora vinculada do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ana Belén Rodríguez Raposo levou a cabo no CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) a charla "Son matemática e o meu traballo serve para... facer baldosas!".
Efeméride 2: Día da muller e a nena na ciencia: Enredos matemáticos: lumes, apelidos e outros +
Con motivo do día 11 de febreiro, o Día da muller e a nena na ciencia, a investigadora vinculada do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María José Ginzo Villamayor levou a cabo no IES Antón Losada (A Estrada) e no CPI Aurelio Marcelino de Cuntis (Cuntis) a charla "Enredos matemáticos: lumes, apelidos e outros +".
Efeméride 1: Día da muller e a nena na ciencia: Científicas, eses bichos raros?
Con motivo do día 11 de febreiro, o Día da muller e a nena na ciencia, a investigadora colaboradora do CITMAga, Marta Rodríguez Barreiro levou a cabo no CEIP O Castiñeiro (Laza) a charla "Científicas, eses bichos raros?".