Comité Asesor Industrial
Comité Asesor Industrial
Comité Asesor Industrial
PROPOSTA DE CREACIÓN DO COMITÉ ASESOR INDUSTRIAL DO CITMAGA
- O Comité Asesor Industrial (CAI) e as súas función
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), tal e como se describe nos seus Estatutos, ten como fin converterse nun piar de excelencia científica dentro do ecosistema de innovación e investigación de Galicia, formando, atraendo e retendo talento, para dotar a sociedade e a industria galega e española de coñecemento innovador e vantaxes competitivas e sustentables a través do acceso a capacidades científicas e tecnoloxías de primeiro nivel.
Así mesmo, o CITMAga considera como eixe fundamental da súa actividade o pulo á transferencia de tecnoloxía e coñecemento a través da súa oficina de xestión dos resultados da investigación (ITMATI) e do programa transversal de transferencia do consorcio.
O Consello Reitor é o órgano superior de goberno do CITMAga, como se establece no Artigo 10 dos Estatutos do centro. Correspóndelle, entre outras atribucións, o nomeamento e cesamento dos membros do Comité Asesor Científico Externo e do Comité Asesor Industrial (Artigo 10.4.i).
No artigo 17 dos Estatutos descríbese a composición e tarefas do CAI, sendo este o órgano colexiado consultivo para as relacións do CITMAga co sector empresarial e industrial. O CAI estará integrado por un mínimo de tres e un máximo de cinco membros, dos cales un actuará como presidente e outro como secretario.
Os membros do Comité Asesor Industrial son nomeados polo Consello Reitor de entre persoas que representen os axentes económicos e produtivos relacionados coa actividade do CITMAga, e serán designados por un período de catro anos, renovables por outros períodos de igual duración.
Son atribucións do Comité Asesor Industrial (Artigo 17. 5):
- Asesorar os órganos de dirección sobre os retos tecnolóxicos do CITMAga e o posicionamento ante o sector empresarial e industrial.
- Informar sobre os obxectivos de transferencia establecidos no plan estratéxico.
- Asesorar no deseño do plan de acción en materia de transferencia.