Grupo de Estudo Europeo coa Industria (ESGI)

Iniciados en Oxford en 1968, os European Study Group with Industry ( ESGI) constitúen un foro para traballar de maneira conxunta científicos industriais e investigadores matemáticos sobre problemas de interese para a industria. Trátase dun método internacionalmente recoñecido de transferencia de tecnoloxía e coñecementos entre as Matemáticas e a Industria.

Grupo de lectura

A teoría de representacións das álxebras de Lie semisimples complexas foi desenvolvida por É. Cartan e H. Weyl. Esta teoría tivo un impacto colosal en varias ramas das matemáticas como a xeometría diferencial ou a teoría de números, e ten abundates aplicacións noutras ciencias como a física e a química. Ademais, esta é unha teoría clásica, ben coñecida e existen numerosos libros que a expoñen.  

Porén, a teoría de representacións das álxebras de Lie semisimples reais amosa unha serie de dificultades ténicas engadidas e non conta con moitas referencias que a traten. Esta é precisamente a cuestión que aborda a obra de A. Onishchik: Lectures on Real Semisimple Lie Algebras and Their Representations, que estamos a estudar dende outono de 2021. 

https://sites.google.com/view/realsemisimpleliealg/home