OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-01/2022

1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SisAl Pilot

PROXECTO “Piloto innovador para a produción de silicio con baixo impacto ambiental utilizando materias primas secundarias de aluminio e silicio – SisAl Pilot”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-01/2022

DESCRICIÓN DO POSTO:

1 contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do proxecto SisAl Pilot concedido na convocatoria H2020-SC5-2019-2 coa temática CE-SC5-07-2018-2019-2020 - Raw materials innovation for the circular economy: sustainable processing, reuse, recycling and recovery schemes (https://cordis.europa.eu/project/id/869268).

“This project has received funding from the European Union’s Horizon 2020 research and innovation programme under grant agreement Nº 869268”.

 

RESPONSABLE:

Dra. María Dolores Gómez Pedreira, profesora de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e investigadora vinculada a CITMAga.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e Mestrados relacionados coa Informática, a Enxeñaría, as Matemáticas e a Física (ou similares).

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería e/ou mestrado (no seu caso). 
  • Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica e optimización, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos.
  • Coñecemento e experiencia previa na modelización matemática e na simulación numérica relacionada coa temática do proxecto.
  • Coñecementos de inglés.

Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se tomará en consideración a experiencia nalgúns dos seguintes campos, todos eles relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles:

  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias (EDOs) e en derivadas parciais.
  • Coñecemento de modelos matemáticos en transferencia de calor e mecánica de fluídos.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Matlab, Python, etc.).
  • Experiencia no uso de software de simulación numérica.
  • Experiencia profesional previa relacionada coa temática do proxecto. 

Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; só se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase polo menos ás/vos tres candidatas/vos con  mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 35 puntos.
 

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 925 € en 12 pagas.
  • Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección.
  • Duración: 3 meses.
  • Xornada laboral: parcial 50%.

MÁS INFORMACIÓN:

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVIO DE SOLICITUDES :

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 30 de xaneiro de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado, Doutorado; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación  remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta   CITMAga-OT-01/2022. Unha vez recibida a solicitude  confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 30 de xaneiro de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: posterior ao 30 de xaneiro de 2022.
Resolución da convocatoria: febreiro 2022.