OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-08/2022

un contrato como investigador/a para o proxecto “Plantas de enerxía renovable e sistemas de almacenamento no mercado da enerxía”

PROXECTO “Plantas de enerxía renovable e sistemas de almacenamento no mercado da enerxía”

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-08/2022

DESCRICIÓN DO POSTO:

un contrato como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía.

RESPONSABLE:

Profesor Dr. D. Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela, catedrático emérito de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e Profesor Dr. D. Jerónimo Rodríguez García, profesor contratado doutor da área de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela, ambos investigadores vinculados a CITMAga

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e Mestrados relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática (ou similares).

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería.
  • Grao de afinidade das titulacións do candidato/a cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial,  a Optimización e o Aprendizaxe Automático.
  • Coñecemento e experiencia previa en modelización, simulación numérica optimización e predición baseada en datos, e na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas.
  • Coñecementos de inglés.

Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se terá en conta a experiencia en algúns dos seguintes campos relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles:

  • Métodos numéricos para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais con restricións alxebraicas.
  • Métodos numéricos en optimización.
  • Programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, etc.).
  • Control óptimo de sistemas. 
  • Técnicas de aprendizaxe automático. 
  • Modelización e predición baseadas en datos.  

Entrevista persoal e cartas de recomendación (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Nesta terceira fase  teranse en conta as cartas de recomendación que cheguen para o candidato; soamente se admitirán 3 cartas de recomendación por candidato, que deberán ser remitidas directamente pola persoa que emita o informe e non o propio candidato. Entrevistarase ao menos ás/ós tres candidatas/os con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran ao menos 35 puntos.
 

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.862,62 € en 12 pagas
  • Data inicio prevista: a partir do día seguinte á data de resolución da selección
  • Duración: 6 meses dende o inicio da contratación
  • Xornada laboral: a xornada completa

MÁS INFORMACIÓN:

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela

ENVIO DE SOLICITUDES :

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 17 de marzo de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), o título e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). As cartas de recomendación, soamente se admitirán se as envía directamente a persoa que informa (e non o propio candidato/a). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-08/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 17 de marzo de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: posterior ao 17 de marzo de 2022.
Resolución da convocatoria: marzo 2022.