CITMAga-OT-17/2022
OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-17/2022
1 contrato como investigador/a colaborador/a no marco do proxecto: Modelado e Simulación dunha cidade intelixente.
OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-17/2022: 1 contrato como investigador/a colaborador/a no marco do proxecto: Modelado e Simulación dunha cidade intelixente.
DENOMINACIÓN: “Modelado e Simulación dunha cidade intelixente”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-17/2022.
DESCRICIÓN DO PUESTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco del proxecto “Modelado e Simulación dunha cidade intelixente”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: desenvolvemento, definición e posta en marcha do modelado e simulación de hábitos de mobilidade para o deseño de novas estratexias de mobilidade urbana.
RESPONSABLES: Profesor D. Javier Roca Pardiñas e Profesor D. Javier Martínez Torres.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
- Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Expediente académico do grao/licenciatura e/ou mestrado. Valorarase o grao ou licenciatura en economía e mestrado en técnicas estatísticas (20 puntos).
- Experiencia previa en análise e programación de algoritmos de simulación (10 puntos).
- Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación (10 puntos).
- Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
- Coñecementos e experiencia previa en computación relacionada coa simulación de axentes, e simulación de procesos mediante ferramentas software. Valorarase a experiencia cos software Pathfinder e/ou Anylogic ou similares (15 puntos).
- Coñecementos e experiencia previa en metodoloxía e aplicacións para a análise de aplicacións reais abordadas dende o enfoque da simulación de procesos (15 puntos).
- Entrevista persoal (30 puntos).
- As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativas funcións do posto. Entrevistarase polo menos aos/ás tres candidatas/os con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 45 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
- Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
- Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
- Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
CONDICIONS:
- Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas.
- Data inicio prevista: a partir do día seguinte á data de resolución da selección.*
- Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
- Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
- Duración: 6 meses**
- Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES:
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 26 de xuño de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@itmati.com indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-17/2022. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 26 de xuño de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais sema do 27 de xuño de 2022.
Resolución da convocatoria: última sema de xuño 2022.
*A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato.
**A duración do contrato pode sufrir modificación en función da data de resolución de adxudicación do contrato e/ou da duración da actividade/proxecto de investigación.