HRS4R EN CITMAga

 

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) é un consorcio con entidade xurídica propia das tres universidades públicas galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo), que contan coa acreditación HRS4R desde 2017.

A misión de CITMAga é ser un piar de excelencia no ecosistema de innovación e investigación tecnolóxica e matemática de Galicia, atraendo e retendo talento, cun forte compromiso coa transferencia de coñecemento e achegando á sociedade e á industria unha vantaxe competitiva e sostible mediante o acceso a tecnoloxías innovadoras de primeiro nivel.

Os principios do Código e a Carta, así como os do OTM-R checklist foron xa considerados desde a súa creación en 2021, propiciando que a cultura HRS4R estea incorporada na estratexia e as políticas de talento da entidade desde o seu nacemento.

Accións previas á solicitude da acreditación:

  • Artigo 19 dos estatutos recolle que os procesos de selección desenvolveranse aplicando os principios OTM-R.
  • O centro conta cunha política OTM-R de carácter preliminar, que será plenamente definida no marco do plan de acción HRS4R.
  • O primeiro plan estratéxico de CITMAga, que cobre o período 2022-2025, recolle como principio estratéxico ”a implantación dunha política de talento aliñada coa HRS4R”. Neste sentido, as medidas de desenvolvemento de talento e formación xa contemplan a súa definición de forma aliñada cos principios do Código e a Carta.
  • A nivel operativo, as políticas e procedementos implantados desde 2021 inclúen xa actividades aliñadas coas directrices establecidas no Código e a Carta e no checklist OTM-R, como recolle o GAP Analysis.

Como contempla a Acción 15 do plan estratéxico de CITMAga, en outubro de 2023 púxose en marcha a solicitude da acreditación HRS4R coa firma da adhesión do centro aos principios do Código e a Carta. Iníciase entón o proceso de reflexión no que participa o equipo de goberno e representantes do persoal investigador e o equipo de xestión. Recibido o informe de consenso, o proceso atópase pendente de aprobación definitiva tra-la inclusión das recomendacións do equipo avaliador.

Accións para a solicitude da acreditación:

  • Firma da carta de adhesión aos principios do Código e a Carta.
  • Comunicación ao persoal de CITMAga do inicio do proceso e invitación ao  proceso participativo.
  • Desenvolvemento do proceso participativo para a elaboración do Gap Analysis, OTM-R chelcklist e Plan de Acción.
  • Elaboración da documentación institucional: Gap Analysis, OTMR-checklist e Plan de Acción.
  • Aprobación do Consello Reitor do Plan de Acción HRS4R para a tramitación da acreditación.
  • Revisión da documentación para dar resposta ás indicacións do Consensus Report.

Documentación institucional do proceso de acreditación HRS4R:

Outra documentación sobre o centro de interés para a acreditación HRS4R:

Os estatutos de CITMAga, aprobados o 19 de xullo de 2021, regulan a súa organización e funcionamento. Establecen as normas para a súa administración, a composición dos seus órganos de goberno e os dereitos e deberes dos seus membros.

    • Política preliminar OTM-R

CITMAga é un consorcio das tres universidades públicas galegas acreditadas co selo HRS4R. Por este motivo, desde a súa creación aplícanse os criterios OTM-R nos procesos de selección. Con todo, no marco da implantación do plan de acción HRS4R, CITMAga completará a súa política OTM-R (OTM-R preliminary policy). Actualmente conta cun Código de Conduta para a contratación que recolle a aplicación dos principios OTM-R.

O plan estratéxico CITMAga 2022-2025 esboza a visión, misión, valores, obxectivos clave e accións do centro establecendo metas claras para o período. O plan proporciona un “roadmap” para a consolidación de CITMAga, garantindo que todas as accións alíñense cos seus obxectivos estratéxicos a longo prazo.

Os obxectivos estratéxicos para o período son:

  • Crear unha cultura do centro.
  • Poñer en funcionamento e organizar o centro.
  • Desenvolver ciencia de excelencia multidisciplinar e competitiva.
  • Apoiar o desenvolvemento profesional de profesionais competentes.
  • Contribuír a crear as novas xeracións de persoal científico en Matemáticas.
  • Contribuír a resolver os retos da sociedade do século XXI.
  • Facer partícipe á sociedade dos avances científicos.

HRS4R nas entidades promotoras de CITMAga: