HUMAN RESOURCES STRATEGY FOR RESEARCHERS

 

O Espazo Europeo de Investigación (EEI), que se puxo en marcha no ano 2000, no contexto da Estratexia de Lisboa, é un mercado único e sen fronteiras para a investigación e a innovación que fomenta a libre circulación dos investigadores, os coñecementos científicos e a innovación, e promove unha industria europea máis competitiva.

Neste contexto, a Comisión Europea adoptou en 2005 a “Carta Europea para os investigadores” e o “Código de conduta para a contratación dos investigadores” (A Carta e o Código). Ambos documentos recollen directrices para a definición das políticas de talento das entidades que promoven e executan investigación na Unión Europea,  co obxectivo de que estas poidan impulsar a creación de contornas laborais atractivas e seguras para o desenvolvemento dunha carreira en investigación.

A iniciativa Human Resources Strategy for Researchers (HRS4R) é a iniciativa coa que a Comisión Europea, a través de Euraxess, impulsa a adopción dos principios da Carta e o Código e recoñece –outorgando o selo Human Researchers Excellence in Research– a aquelas entidades que se comprometen coa súa implantación adoptando un plan de acción plurianual.

Para optar a esta acreditación –baseada nun enfoque de mellora continua–  as entidades solicitantes deben de realizar un proceso participativo e transparente de reflexión estratéxica, que se plasme nos seguintes documentos:

  • Declaración de compromiso para implantar a iniciativa Human Resources Strategy for Researchers na institución.
  • Diagnóstico (GAP Analysis) sobre o grao de aliñamento coas directrices da Carta e o Código.
  • Diagnóstico específico sobre políticas de selección en base ao cumprimento dos principios OTM-R (Open, Transparent and Merit Based Recruitment).
  • Plan de acción en materia de política de talento, que recolla a estratexia e o proceso de implantación e monitorización.

Tras someterse á avaliación externa por parte de Euraxess, a entidade pode obter a acreditación que será obxecto dunha avaliación intermedia ao cabo de dous anos e dunha avaliación para a renovación da acreditación transcorridos outros tres.

Links e documentación de interese:

Website Human Resources Excellence in Research en Euraxess

Carta Europea para los investigadores y Código de conducta para la contratación de investigadores