Actividades 2024
Lalín destino StarLight, 2024
Verán astronómico en Lalín
Como cada ano por estas datas, dende o CITMAga vos invitamos a formar parte das actividades que se desenvolverán con motivo do Verán Astronómico en Lalín. O equipo científico destas xornadas, lideradas por José Ángel Docobo Durántez (investigador vinculado do CITMAga da USC), levará a cabo unha programación moi especial:
Visionado Alto de Rodelas José Ángel Docobo, Luca Piccoti e Ángel Costas
- 5 de xullo: Anoitecer de verán
- 12 de agosto: Noite das perseidas
Monográfico sobre a lúa no museo e posterior observación da lúa no observatorio: O xoves 11 de xullo ás 21:00h no museo municipal con Ángel Costas e Xabier P. Couto.
Proxección de fotos con telescopio: O xoves 18 de xullo ás 21:00h fotografía astronómica no museo municipal con Francisco Javier Cerdán Núñez e ás 23:00h visionado de imaxes astronómicas a través dun telescopio en remoto.
As prazas son limitadas! Non perdades a ocasión de desfrutar dunha formación astronómica de tan alto impacto e interese.
� Prazas limitadas
💰 De balde
📋 Inscricións: No museo municipal (teléfono e correo-e)
📱 Teléfono: 986 78 40 04
📩 Correo-e: museo@lalin.gal
Noite mundial Starlight
O día 20 de abril de 2024 levóuse a cabo a Noite mundial Starlight no Museo Ramón Mª Aller Ulloa (en Lalín).
A programación do evento incluíu a ponencia ás 21:00h "O ceo nocturno un patrimonio esquecido" a cargo do Dr. Pedro Pablo Campo (astrónomo do Observatorio Nacional de Madrid) e a observación no observatorio municipal a partir das 22:00h.