Programas de mestrado

Responsive Image

Mestrado en Matemática Industrial

O máster, de carácter interuniversitario, proporciona unha formación orientada á construción de solucións a problemas industriais, con especialización en Modelización e Simulación Numérica, tecnoloxías altamente demandadas, e conta coa colaboración de máis de 60 empresas que aportan casos reais para realizar os traballos de fin de máster.

M2i

UDC

Uvigo

USC

UPM

UC3M

Responsive Image

Mestrado en Matemáticas

Este máster pretende que o alumnado complete a súa formación en distintos temas matemáticos, a través de materias de carácter interdepartamental e interdisciplinar, obtendo unha visión global e proporcionándolle unha base para cursos de capacitación profesional noutras áreas en que as matemáticas teñen unha presenza cada vez maior.

USC

Responsive Image

Mestrado en Técnicas Estatísticas

Este máster interuniversitario ofrece formación avanzada en Estatística e Investigación de Operacións (esta última centrada nos ámbitos da Optimización e a Teoría de Xogos). Os seus contidos están orientados á aplicación de análitica de datos e modelos preditivos e prescritivos en biomedicina, enerxía, finanzas, enxeñaría, investigación social... facilitando as prácticas en empresas destes e outros ámbitos, así como o acceso ao programa de doutoramento correspondente.

MTE

UDC

UVigo

USC