Misión, visión e valores

Responsive Image

MISIÓN

 

CITMAga nace para converterse nun alicerce de excelencia dentro do ecosistema de innovación e investigación e tecnoloxía matemática de Galicia, atraendo e retendo talento, cunha forte aposta pola transferencia de coñecemento e dotando á sociedade e industria galega e española dunha vantaxe competitiva e sostible a través de acceso a tecnoloxías innovadoras de primeiro nivel.

Responsive Image

VISIÓN

 

O CITMAga aspira a converterse nun referente nacional e internacional polos nosos excelentes resultados científicos e por obter un notable impacto económico e social a través da transferencia de coñecemento.

Responsive Image

VALORES

 

  • Liberdade académica, para a investigación e a innovación, permitindo a xeración de ideas novidosas e pouco convencionais e, polo tanto, contribuíndo á expansión das fronteiras do coñecemento científico.
  • Excelencia, apoio á iniciativa e á experiencia, así como a orientación á investigación e á innovación, unha formación e mentoría excepcionais, unha xestión eficiente e eficaz e unha gobernanza transparente.
  • Igualdade de oportunidades e trato, independentemente do sexo, idade, condición social ou relixiosa. Para iso recoñecerase a diversidade e promoverase a equidade e as vocacións femininas, apoiando o desenvolvemento das diferentes capacidades, talentos e opinións dos membros do Centro.
  • Sensibilidade ante os retos globais, orientando os esforzos do Centro para facer fronte a estes problemas que afectan á sociedade e ao seu benestar nun sentido global.
  • Colaboración, tanto internamente entre os membros do centro, contribuíndo aos diferentes programas e áreas de investigación, como externamente con socios dos ámbitos académico, industrial e social, autonómico, nacional e internacional.
  • Ética e rendición de contas, en todos os aspectos de cada actividade do Centro, cunha actitude profesional e responsable, establecendo un código de boas prácticas para o Centro. Prestarase especial atención á adopción de medidas para evitar o dobre uso ou mal uso dos resultados da investigación dos proxectos promovidos e desenvolvidos no Centro. En particular, non se realizarán proxectos con orientación militar.
  • Responsabilidade social, contribuíndo ao crecemento económico, mellorando a calidade de vida e axudando ao desenvolvemento dos países en desenvolvemento, mellorando a formación matemática e a transferencia de coñecemento ás novas xeracións e á sociedade.
  • Compromiso coa Ciencia Aberta, en todas as nosas actividades, non só limitándonos a apoiar publicacións abertas, senón tamén datos e código aberto, apoiando a Declaración da EOSC e adheríndonos aos seus principios.