Muller e nena na ciencia
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, proclamou o 11 de febreiro como "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia" para:
- Visibilizar o traballo das mulleres que se dedican á ciencia e a tecnoloxía co fin de crear referentes femeninos para a infancia que podan contribuir á elección destas áreas como carreiras profesionais.
- Coñecer os diferentes factores que afectan á situación actual da muller nas áreas STEM para fomentar prácticas que conduzan a súa eliminación e acadar a igualdade de xénero no ámbito científico.
Por este motivo, dende o CITMAga unímosnos a esta celebración ca realización de diferentes actividades dirixidas ao estudantado de ensino infantil, primario, secundario e universitario.
Dende o CITMAga vos anímamos a asistir á conferencia "Muller científica = Bicho raro", que M. Elena Vázquez Abal, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadora vinculada do CITMAga, realizará na Aula Magna da Facultade de Matemáticas (USC) o próximo mércores 7 de febreiro ás 17:00h.
Esperámosvos!
Nesta conferencia a profesora fixo un recorrido histórico por aquelas mulleres que, invisibilizadas e relegadas a un segundo plano na esfera pública e académica, contribuíron a crear avances sociais, bioestatísticos, astronómicos e tecnolóxicos ao longo da historia da humanidade. A través das súas palabras, aprendimos o difícil que foi para a muller científica acadar postos de responsabilidade e recoñecemento nas súas traxectorias e, a pesar da desigualdade e a brecha de xénero histórica, dende o CITMAga seguiremos a contribuír ao desenvolvemento das novas xeracións de matemáticas e científicas que terán a chave do cambio social dos próximos anos.
M. Elena Vázquez Abal durante a charla “Muller científica = Bicho raro” no marco das actividades levadas a cabo por motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Ana Belén Rodríguez Raposo co seu especial acompañante durante a charla “Son matemática e o meu traballo serve para... facer baldosas” no marco das actividades levadas a cabo por motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia no CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela).
Marta Rodríguez Barreiro durante a charla "Científicas, eses bichos raros?" no marco das actividades levadas a cabo por motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia no CEIP O Castiñeiro (Laza).
María José Ginzo Villamayor durante a charla "Enredos matemáticos: lumes, apelidos e outros +" no marco das actividades levadas a cabo por motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia no IES Antón Losada (A Estrada).
María del Pilar Salgado Rodríguez durante a charla "Xogando con modelos matemáticos" no marco das actividades levadas a cabo por motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia no CPR Divino Maestro (Santiago de Compostela).
María José Ginzo Villamayor durante a charla "Enredos matemáticos: lumes, apelidos e outros +" no marco das actividades levadas a cabo por motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia no CPI Aurelio Marcelino de Cuntis (Cuntis).