O CITMAga obtén o selo á "Excelencia en RR.HH. na investigación"

 

 

O comité de avaliación valorou positivamente o coidado posto en aliñar as prácticas de RR.HH. da nosa organización coas da Carta Europea do Investigador.

A análise exhaustiva realizada e o plan de acción cumpren todos os requisitos para a obtención do selo á "Excelencia en RR.HH. na investigación", HRS4R, que marca un fito no noso centro.

O selo reflicte o noso compromiso coa mellora continua das nosas políticas de recursos humanos, de acordo coa Carta Europea do Investigador.