Que é o Consultorio VídeoMatemático?

Dende o CITMAga estamos moi emocionados de anunciar que estreamos o noso novo proxecto audiovisual, o Consultorio VídeoMatemático, unha iniciativa que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.


Co obxectivo de achegar a matemática á sociedade, nace o Consultorio VídeoMatemático, unha iniciativa na que a poboación moza será a protagonista, xa que a través das súas cuestións e dúbidas, o noso persoal investigador matemático desenvolverá unhas respostas nunha linguaxe divulgativa e próxima á cidadanía para contestar as inquietudes que no plano matemático, os nosos adolescentes e xuvenís poden chegar a ter.


Cando elaboramos vídeos de divulgación científica, a temática é escollida polas investigadoras e investigadores que os elaboran... pero neste proxecto a voz a tes ti!