Quen somos

 

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) créase mediante convenio das tres universidades públicas de Galicia, co obxecto de integrar as capacidades científicas do ámbito das Matemáticas, compartindo visión e estratexia e cunha clara aposta pola transferencia de coñecemento. Coa motivación de fomentar unha cultura colaborativa, que busque a excelencia na investigación, a innovación e a formación, CITMAga aspira a converterse nun centro de referencia nacional e internacional, constituíndo unha contorna atractiva para o desenvolvemento científico e profesional.

Responsive Image

Visión e estratexia

Compartimos visión e estratexia para aproveitar a capacidade e reputación actual das Matemáticas Galegas para crear unha entidade de I+D sostible, con relevante impacto académico, social e económico.

Responsive Image

Capacidades científicas

Integramos as capacidades científicas máis competitivas das tres Universidades nunha Axenda Científica común, aliñada cos programas marco europeos, a Estratexia Estatal de Innovación e a RIS3 de Galicia.

Responsive Image

Compromiso coa transferencia

Asumir a aposta pola transferencia como estratéxica, dotando á industria rexional e nacional dunha vantaxe competitiva sostible mediante o fácil acceso á tecnoloxía habilitante líder a nivel mundial.