Recoñecementos

 

Recoñecemento 6: María Alonso Pena (investigadora colaboradora do CITMAga) premio Vicent Caselles RSME – Fundación FBBVA


María Alonso Pena, profesora axudante doutora na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadora colaboradora do CITMAga, ven de gañar o premio Vicent Caselles RSME - Fundación FBBVA pola súa tese de doutoramento 'New approaches to nonparametric circular regression models' baixo a dirección da profesora Rosa M. Crujeiras.

Os resultados da súa investigación constan de innovadoras propostas metodolóxicas no campo da Estatística e a realización de simulacións extensivas con datos reais. “A miña investigación céntrase no estudo de novos métodos estatísticos que permiten a análise adecuada de datos que representan direccións, ángulos u observacións periódicas. Se este tipo de observacións trátanse con técnicas estatísticas ou modelos de machine learning convencionais, as conclusións dos estudos serán, en moitos casos, erróneas”, explica. Para abordar este problema, os traballos de Alonso propoñen novos modelos co obxectivo de lograr unha análise máis precisa de datos, con aplicacións potenciais en campos como a psicología, a neuroloxía e a ecoloxía. Para exemplificar o potencial do seu traballo nestas áreas de investigación, a premiada destaca que as súas técnicas xa se emplearon “para analizar picos de actividade neuronal na rexión cortical primaria do cerebro, así como para estudar estratexias de fuxida ante ameazas no comportamento de animais”.

Máis información (preme aquí).

 

Recoñecemento 5: Érika Diz Pita, recoñecida co Premio Extraordinario de Doutoramento 2021-22 da USC da área de Matemáticas

A tese de doutoramento ‘Qualitative dynamics of planar and spatial Lotka-Volterra and Kolmogorov systems’ da profesora axudante doutora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadora vinculada do CITMAga, Érika Diz Pita, foi recoñecida co Premio Extraordinario de Doutoramento 2021-22 da Universidade de Santiago de Compostela (USC) da área de Matemáticas.

A súa tese foi dirixida por Jaume Llibre (UAB) e M. Victoria Otero Espinar (Univesidade de Santiago de Compostela e investigadora vinculada do CITMAga) e centrouse no estudo da dinámica cualitativa dalgúns sistemas de ecuacións diferenciais, especialmente os de tipo Lotka-Volterra e Kolmogorov. Os principais problemas que se resolveron con este estudo foi o dar a clasificación completa da dinámica global de dúas familias de sistemas Kolmogorov, estudar a existencia de ciclos límite que aparecen por bifurcación zero-Hopf nos sistemas Kolmogorov tridimensionais, e estudar a aplicación dalgúns destes sistemas no ámbito da dinámica poboacional.

 

Recoñecemento 4: María José Ginzo, recoñecida co premio á mellor tese en humanidades dixitais por un traballo sobre técnicas estatísticas en xeolingüística



​​​​​​​A tese de doutoramento ‘Técnicas estatísticas en xeolingüística. Modelización onomástica’, da investigadora vinculada do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María José Ginzo Villamayor, baixo a dirección da profesora Rosa Mª Crujeiras Casais, vén de gañar o III Premio Sociedade Internacional de Humanidades Dixitais Hispánicas-Fundación BBVA á Mellor Tese Doutoral 2023.

Os apelidos poden utilizarse como fonte de información para caracterizar a poboación dunha rexión, dado que a análise dos patróns que se observan na súa distribución proporciona información sobre movementos e características das poboacións. A identificación destes patróns a través de medidas de isonimia é un problema que ten sido abordado por diferentes autores.

Para a concesión do premio, o xurado valorou nesta tese a exploración de novos métodos estatísticos para o estudo da onomástica, a partir da análise das relacións entre a estrutura demográfica e social das poboacións e a organización espacial e histórica da diversidade lingüística. O traballo parte dunha problemática de onomástica concreta, como é a construción de rexións de apelidos en Galicia, e aplica modelos de patróns espazo temporais extrapolables a outras rexións.

Valorouse á súa vez que a tese combina o manexo dun gran volume de datos de diversos territorios de España cola visualización cartográfica. Así mesmo, ofrece unha biblioteca en código aberto das técnicas aplicadas na súa investigación, permitindo a replicabilidade do estudio e a reutilización da ferramenta por parte da comunidade científica.

Máis información (preme aquí).

 

Recoñecemento 3: Elena Vázquez Abal, Premio de Divulgación Científica 2024 da RAGC


​​​​​​​

A matemática Elena Vázquez Abal foi recoñecida co Premio de Divulgación Científica 2024 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

Elena Vázquez Abal, que tamén é investigadora vinculada do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), é catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) na área de xeometría e topoloxía dende 2021, foi presidenta da Comisión de Mujeres y Matemáticas da Real Sociedad Matemática Española (RSME) e, dende 2023, preside o Comité de Diversidad da Unión Matemática Internacional.

Cunha investigación centrada na xeometría diferencial, Elena Vázquez Abal dirixiu varias tesis de doutoramento e publicou numerosos artigos en revistas internacionais de matemáticas como Mathematical Methods in the Applied Sciences, Kodai Mathematical Journal, Archiv der Mathematik, Journal of Geometry and Physics, Annals of Global Analysis and Geometry, Pacific Journal of Mathematics ou Illinois Journal of Mathematics, entre outras.

A RAGC destacou a súa gran actividade divulgadora na organización de exposicións, ciclos de conferencias, obradoiros sobre divulgación matemática, concursos fotográficos e audiovisuais, así como actividades para o alumnado e profesorado de Secundaria. Tamén participou e coordinou distintos proxectos de divulgación, varios dos cales recibiron financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

Máis información (preme aquí).

 

Recoñecemento 2: Victoria Otero Espinar, vicepresidenta do Comité Executivo do CEMat


​​​​​​​

A vicepresidenta primera da Real Sociedad Matemática Española (RSME), Victoria Otero Espinar, foi elexida vicepresidenta do Comité Español de Matemáticas (CEMat), o organismo que agrupa á comunidade matemática e que, por segundo mandato, preside Alfonso Gordaliza. A catedrática de análise matemático da Universidade de Santiago de Compostela toma o relevo de María Jesús Carro.

Victoria Otero, que tamén é investigadora vinculada do CITMAga da Universidade de Santiago de Compostela (USC), conta cunha amplia traxectoria académica e de xestión, sendo vicerreitora de Titulacións da USC e decana da Facultade de Matemáticas da USC (2009 e 2017). Na RSME presidiu a Comisión Profesional (2015-2019) e, dende 2015, a Comisión RSME-RAE. Tamén estivo ao fronte do Colegio de Decanos e directores de centros da USC (2010-2014) e da Conferencia de Decanos de Matemáticas ata 2017.

As súas liñas de investigación se enmarcan no campo de ecuacións diferenciais e en diferencias, sistemas dinámicos e biomatemática. É autora de máis de 55 artigos científicos froito da colaboración con numerosos investigadores do ámbito nacional e internacional. Ademais, participou en máis de 40 proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas europeas, nacionais ou autonómicas.

Máis información (preme aquí).

 

Recoñecemento 1: Rosa M. Crujeiras, Directora Científica do CITMAga, gañadora da 4ª edición dos Premios ao Joven Talento Feminino

A Fundación Real Academia de Ciencias de España (FRACE) e Mastercard levaron a cabo a entrega da IV Edición de los Premios al Joven Talento Científico Femenino nun acto que tivo lugar na sede da Real Academia de Ciencias, en Madrid.

No contexto do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, os premios FRACE recoñeceron a traxectoria de Rosa María Crujeiras Casais na categoría de ‘Matemáticas’ pola súa contribución á comprensión dos procesos que xeneran datos complexos.

Máis información (preme aquí).