Stratifications of Higgs
Stratifications of Higgs bundle moduli spaces and related topics
O CITMAga, da man do proxecto CNS2022-136042 da Agencia Estatal de Investigación (AEI), do cal a investigadora vinculada do CITMAga da USC, Ana Peón Nieto, é a investigadora principal (IP), anuncia que do 5 ao 9 de maio terá lugar a actividade científica Stratifications of Higgs bundle moduli spaces and related topics, un espazo cun alto compoñente internacional no que se tratarán os principais avances na materia xunto ao persoal experto nesta área de estudo.
Este encontro científico contará cun Comité Organizador formado por:
- Ana Peón Nieto (USC) [chair]
- Laura López Paz (CITMAga)
E participarán nel especialistas do campo dos fibrados de Higgs, polo que aproveitamos esta comunicación para invitarvos a asistir a un encontro científico tan enriquecedor!
Datas: 05-09 de maio 2025.
Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas (USC).
Rexistro gratuíto: (preme aquí).
Máis información: (preme aquí).