Óscar Rivero Salgado

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Álxebra
Researcher ID

Código ORCID
0000-0001-9348-3651

Desde setembro de 2023 son Profesor Axudante Doutor na área de Álxebra do Departamento de Matemáticas da USC. Cursei o meu doutoramento na Universidade Politècnica de Catalunya baixo a dirección de Víctor Rotger, recibindo o premio extraordinario de doutoramento e premio Vicent Caselles da Real Sociedad Matemática Española no ano 2023. Realicei estadías predoutorais nas universidades de Princeton e McGill. Logo, fun Newton Fellow na University of Warwick e postdoc no Simons Laufer Mathematical Science Institute. Son autor de 12 artigos de investigación incluíndo algúns en revistas como JEMS, AJM ou JIMJ.

A miña investigación xira en torno á teoría de Iwasawa, os sistemas de Euler e as funcións L p-ádicas. Na miña tese centreime no fenómeno de ceros excepcionais para formas modulares de peso un e en diferentes variantes das conxecturas de Gross—Stark. Posteriormente, traballei no estudo de congruencias entre sistemas de Euler e no papel que fan as series de Eisenstein críticas. Outras liñas de investigación que teño abertas céntranse nas construcións de ciclos diagonais no contexto anticiclotómico e na construción de funcións L p-ádicas usando teoría de Hida superior.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais, M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Computación, aprendizaxe e seguridade, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas