1, 2, 3, ale-Hopf!

09 Abr 2025
17:00h
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC)
CITMAga

"1, 2, 3, ale-Hopf!", impartido por Brais Ares García (Área de Álxebra).

Data: 9 de abril de 2025.

Hora: 17:00h.

Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).

Abstract:

A teoría das álxebras de Hopf nace nos anos 40 do século pasado a raíz do traballo do topólogo alemán Heinz Hopf. Debido ás súas numerosas aplicacións, que van dende o ámbito da física cuántica ata o da lingüística, o interese por esta área de estudo foi en aumento dende os anos 70 ata a actualidade.

O obxectivo principal desta charla será o de introducir o concepto de álxebra de Hopf, afondando na natureza das súas estruturas subxacentes de álxebra e coálxebra e en como estas interactúan entre elas. Presentaranse ademais algunhas propiedades e exemplo relevantes, que permitan ilustrar o interese por estas estruturas alxébricas.