184 European Study Group with Industry

25 Nov 2024
09:00
Facultade de Matemáticas (USC)
Math-in e CITMAga

 

 

Do 25 ao 29 de novembro de 2024 celebrarase o 184 ESGI European Study Group with Industry, gracias á colaboración entre a Red Española Matemática-Industria (math-in) e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).

Iniciados en Oxford en 1968, os European Study Group with Industry (ESGI) constitúen un foro para traballar de manera conxunta científicos industriais e investigadores matemáticos sobre problemas de interese para a industria. Trátase dun método internacionalmente recoñecido de transferencia de tecnoloxía e conecementos entre as Matemáticas e a Industria.

Os obxectivos que se plantean ca realización dos ESGI son:

  • encontrar solucións e ideas sobre os problemas industriais existentes;
  • establecer relacións de traballo duraderas e produtivas entre os matemáticos de investigación aplicada e a industria;
  • plantear novas liñas de investigación baseadas en retos empresariais;
  • afianzar a importancia das Matemáticas na industria e dos perfís matemáticos nas compañías; e
  • estimular unha maior conciencia na comunidade do poder das matemáticas na prestación de vías de solución aos problemas do mundo real.

O 184 ESGI conta ca cofinanciación da Red Española Matemática-Industria (math-in) e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga).

Este encontro desenvolvérase na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

Neste sentido, aproveitamos para anunciar que a participación nos grupos de traballo seguirá un formato híbrido, con participación presencial e en-liña, así que non deixedes pasar a oportunidade de rexistrarvos!

 

Formulario de rexistro dos coordinadores (preme aquí).

Formulario de rexistro dos participantes (preme aquí).

 

Horario (preme aquí).

 

Máis información (preme aquí).