Alberto Cabada

Análise Matemática
Researcher ID
M-7430-2014
Código ORCID
0000-0003-1488-935X
Licenciado en Matemáticas (1989) e doutor (1992, premio extraordinario) pola USC. Son profesor da USC dende novembro de 2010 e membro do grupo de investigación de Ecuacións Diferenciais Non Lineais. Teño 5 avaliacións positivas consecutivas en investigación e dirixín 6 teses de doutoramento. Fun investigador principal de varios proxectos de investigación nacionais e dun contrato de transferencia. Son autor dunha monografía en Springer e coautor de dúas en Atlantis Press e Elsevier, así como dun alto número de artigos de investigación. As miñas liñas de investigación céntranse na existencia e multiplicidade de solucións de signo constante de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais, así como en diferenzas e ecuacións fraccionarias, considerando tamén as ecuacións funcionais con singularidades e descontinuidades. As técnicas empregadas baséanse principalmente en métodos topolóxicos e iterativos, e os resultados obtidos veñen dados por caracterizacións espectrais. Unha parte importante da miña investigación céntrase no estudo cuantitativo e cualitativo das funcións de Green, desenvolvendo software específico (rexistrado) para o seu cálculo explícito e o do seu espectro correspondente.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais, M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Computación, aprendizaxe e seguridade, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións