Alejandro Fernández

Enxeñaría de Sistemas e Automática
Researcher ID
B-8936-2015
Código ORCID
0000-0001-7401-7380
Alejandro F. Villaverde é investigador Ramón y Cajal no Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática da Universidade de Vigo. É enxeñeiro industrial superior e doutor en Enxeñaría de Sistemas e Automática pola Universidade de Vigo (2009). A súa investigación céntrase no modelado matemático de sistemas dinámicos, con aplicacións en bioloxía (especialmente en biomedicina e biotecnoloxía). Desenvolve métodos para a identificación, análise e control de sistemas non lineares. En particular, é o responsábel do deseño, implementación e mantemento de STRIKE-GOLDD (https://github.com/afvillaverde/strike-goldd), unha toolbox de Matlab en código aberto que é unha das ferramentas máis empregadas para analizar observabilidade e a identificabilidade en bioloxía de sistemas. A.F. Villaverde é actualmente membro do consello de redacción de PLOS ONE. A súa traxectoria anterior inclúe unha bolsa FPI na Universidade de Vigo (2005-2009), períodos posdoutorais no Grupo de Enxeñaría de Bioprocesos do IIM-CSIC (2009-2015, 2016-2020), un contrato posdoutoral I2C na Universidade de Vigo (2015-2016), e estancias de investigación nas universidades de Groningen, MIT, Stanford, Minho e Oxford.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais, M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións