Ana Belén Rodríguez Raposo

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Didáctica da Matemática
Researcher ID

Código ORCID
0000-0002-8719-5159

Son licenciada en Matemáticas dende o ano 2001 e doutora en Matemáticas dende o ano 2007. Na actualidade son profesora contratada doutora de Didáctica da Matemática. Dende os meus comezos na investigación, e cun parón debido á maternidade, investigo sobre álxebras de Hopf, tendo publicados diversos artigos relativos a extensións de álxebras de Hopf, produtos cruzados e cohomoloxía. Ademais, fixen algunha pequena incursión na matemática aplicada estudando problemas de detección de contacto.
Por outra banda, dado que son profesora de didáctica da matemática, interésame a fenda de xénero nas carreiras STEM e a forma de abordala dende a educación.
Finalmente, participo activamente en programas e actividades de divulgación científica promovidos polos distintos organismos aos que estou vinculada ("Unha enxeñeira ou científica en cada cole" da USC, G-Night do CITMAga, ....).


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais