Ana Pérez González

Universidad
Universidade de Vigo
Área
Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID

Código ORCID
0000-0003-4706-7125

Ana Pérez é profesora de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo dende o ano 2000. É licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutora en Matemáticas no programa de Doutorado de Estatística e Investigación Operativa desa mesma universidade. As súas liñas de Investigación sitúanse no campo da Estatística Non Paramétrica: Estimación con datos faltantes, Contrastes de Hipótesis, Regresión Cuantil, Estimación Robusta, etc. Durante estes anos foi docente en diferentes Graos Universitarios: Informática, Administración e Dirección de Empresas, Turismo, etc. Ana leva varios anos como docente en diferentes materias do Máster de Técnicas Estatísticas coorganizado polas tres universidades galegas. Durante este período publicou diferentes artigos en revistas incluídas no JCR así como actuou de revisora de diferentes artigos. Tamén colaborou con científicos de outras áreas de coñecemento como a Aerobioloxía, Química, Turismo, Administración de Empresas ou Deporte.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria