Ana Dorotea Tarrío Tobar

Universidad
Universidade da Coruña
Área
Matemática Aplicada
Researcher ID
M-8636-2015
Código ORCID
0000-0001-7124-8095

Ana Dorotea Tarrío Tobar é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Matemáticas pola mesma universidade. É Catedrática de Escola Universitaria da área de Matemática Aplicada na Universidade da Coruña (UDC), é membro do Departamento de Matemáticas da UDC. Desde o doutoramento, as liñas de investigación nas que traballou foron Xeometría de Riemann e Xeometría Integral, máis recentemente Dominación de Grafos por unha banda e Detección de Contacto por outra. Foi IP e membro colaborador en diversos proxectos de investigación autonómicos e nacionais. Os resultados da súa investigación foron presentados en diferentes congresos nacionais e internacionais e tamén nunha veintena de artigos de investigación, máis do 50% en revistas de impacto. Dedica unha parte substancial do seu tempo á divulgación, a través de conferencias, obradoiros, publicación de artigos e libros, con dúas temáticas principais: as aplicacións das Matemáticas no ámbito da Arquitectura e a Enxeñaría e a difusión da biografía de Mulleres Matemáticas destacadas.


Programa de investigación:

Programa de investigación M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Estruturas naturais, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria