Andrés Prieto

Matemática Aplicada
Researcher ID
A-8717-2012
Código ORCID
0000-0002-4399-6878
Especialista en Matemática Aplicada. Dende que me doutorei (premio extraordinario) na Universidade de Santiago de Compostela (2007), acumulo numerosos artigos de investigación, son membro do Grupo de Modelos e Métodos Numéricos en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas (Universidade da Coruña) e coordino varios proxectos de investigación orientados ao estudo da propagación de ondas en sistemas mecánicos complexos e da acústica submarina. Con máis de 15 anos de experiencia universitaria, son Profesor Titular do Departamento de Matemáticas (Universidade da Coruña), conto con 3 valoracións positivas consecutivas en investigación e dirixín 4 teses doutorais (2 máis en proceso) e fun titor académico de 11 proxectos fin de mestrado do Mestrado Interuniversitario en Matemática Industrial dende o ano 2010 (2 máis en proceso). Actualmente son coordinador do Grupo de Innovación Docente en Modelización Matemática e Simulación Numérica (Universidade da Coruña). A miña investigación céntrase no estudo da propagación de ondas en medios mariños e en sistemas acoplados onde interveñen materiais viscoelásticos e poroelásticos.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Vida e Sostibilidade. Entendendo a contorna e o cambio climático, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Algoritmos e computación de altas prestacións