Antonio Gómez Tato

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Xeometría e Topoloxía
Researcher ID
N-3202-2013
Código ORCID
0000-0003-2465-3500

Actualmente, a miña investigación está centrada nos seguintes campos: 1.Análise topolóxica de datos: Neste campo trátase de desenvolver métodos matemáticos que permitan aplicar a topoloxía, en particular a topoloxía algebraica, na análise de datos con altas dimensións co obxectivo de detector patróns, xeralmente non visibles coas técnicas de “Machine Learning” habituais. 2.Bioinformatica e estatística: Estou interesado en aplicar e desenvolver técnicas estatísticas e bioinformáticas para ser utilizadas en xenética e xenómica. 3.Xenética forense: Interésame especialmente descifrar a relación entre o genotipo e o fenotipo 4.Investigación sobre o cancro. En canto á transferencia de coñecemento á industria, cabe destacar que desde o ano 2010 dirixo o equipo de MATHBIOINFO que desenvolve os procedementos matemáticos e estatísticos que a empresa INDITEX utiliza na implementación do seu estándar "Clear to Wear". Tamén colaboro coa multinacional ABF (associated British Food) no seu intento de establecer un sistema de seguros de accidentes laborais para os traballadores do sector téxtil en Bangladesh.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Vida e Sostibilidade. Bioestatística e Biomatemáticas