Aplicacións da teoría de punto fixo en conos a problemas diferenciais

22 Out 2025
17:00h
Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC)
CITMAga

"Aplicacións da teoría de punto fixo en conos a problemas diferenciais", impartido por Andrea Otero Torrón (Área de Análise Matemática).

Data: 22 de outubro de 2025.

Hora: 17:00h.

Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).

Abstract:

O estudo de solucións de signo constante en problemas diferenciais é un aspecto común a diversas áreas científicas, como a física ou a bioloxía. No estudo da súa existencia, as ferramentas que ofrece a teoría de punto fixo permiten abordar esta cuestión baixo certas condicións.

Neste sentido, presentaranse algúns resultados clásicos, como o teorema de Krasnoselskii en conos, que fan uso do índice de punto fixo para analizar a existencia de solucións en problemas diferenciais. Con este obxectivo, centrarémonos nalgunhas das súas aplicacións. Analizaremos, entre outros aspectos, a multiplicidade de solucións ou o efecto que produce neste estudo a variación da regularidade da parte non homoxénea do problema diferencial inicial.