Aplicacións das sucesións funcionais nas ecuacións diferenciais ordinarias
Aplicacións das sucesións funcionais nas ecuacións diferenciais ordinarias
"Aplicacións das sucesións funcionais nas ecuacións diferenciais ordinarias", impartido por Paula Vázquez García (Área de Análise Matemática).
Data: 4 de decembro de 2024.
Hora: 17:00h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas (USC).
Abstract:
As ecuacións diferenciais ordinarias (EDOs) son fundamentais nas matemáticas e as súas aplicacións, pero adoitan xerar preguntas interesantes para aqueles que se inician no seu estudo. Esta charla aborda de maneira progresiva as preguntas típicas que xorden ao explorar as EDOs, utilizando as sucesións funcionais como fío condutor.
Dende ferramentas clásicas como as iteracións de Picard e os polinomios de Taylor, ata métodos menos convencionais como a sucesión de Walter, teñen diversas aplicacións tanto a nivel teórico coma a nivel práctico. Ademais, presentarase software orixinal deseñado para implementar o método das series de potencias empregando cálculo simbólico, ofrecendo unha perspectiva innovadora e útil para aproximar solucións en diversos contextos.