As matemáticas contra o cancro: unha ferramenta para o deseño de tratamentos de radioinmunoterapia
As matemáticas contra o cancro: unha ferramenta para o deseño de tratamentos de radioinmunoterapia
"As matemáticas contra o cancro: unha ferramenta para o deseño de tratamentos de radioinmunoterapia", organizado polo CITMAga en formato híbrido (presencial e en liña). Será impartido por Isabel González Crespo (USC, seminario: Área de Matemática Aplicada)
Data: Mércores, 29 de marzo de 2023
Hora: 17:00 h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC. Tamén en liña (MS Teams)
Abstract:
No eido da oncoloxía trabállase incesantemente no desenvolvemento de novos tratamentos antitumorais máis eficientes e de menor toxicidade para o paciente. Os modelos matemáticos de resposta tumoral son unha ferramenta clave no deseño e optimización dos tratamentos. Neste seminario construiremos un modelo de ecuacións diferenciais sinxelo que describa a resposta tumoral á radioinmunoterapia, unha técnica novidosa e prometedora. Empregaremos modelos de crecemento poboacional e competencia entre especies, así como ecuacións diferenciais con retardos (EDR) e con impulsos (EDI). Presentado o modelo, faremos hipóteses sobre o deseño do tratamento óptimo á vista da súa solución numérica.