Astrometría espacial e estrelas dobres
Astrometría espacial e estrelas dobres
"Astrometría espacial e estrelas dobres", impartido por Xabier Pérez Couto.
Data: Mércoles 4 de outubro de 2023
Hora: 17:00 h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC.
Abstract:
A astrometría, como da súa etimoloxía se pode deducir, é a disciplina que estuda as posicións e movementos dos astros. Aparentemente adormecida nos últimos séculos polo auxe da
astrofísica, que emprega unhas técnicas diferentes pero complementarias, adquiriu protagonismo de novo coas misións espaciais Hipparcos (1989-1993) e Gaia (2013-actualidade).
Nesta palestra conversaremos sobre a vantaxe de medir esas posición e distancias dende o espazo, e veremos que se pode aplicar isto ao estudo das estrelas dobres para obter parámetros astronómicos tan importantes como as órbitas e masas estelares.