Balbina Viginia Casas Méndez

Universidad
Universidade de Santiago de Compostela
Área
Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
K-8747-2014
Código ORCID
0000-0002-2826-218X

Obtiven a licenciatura en Matemáticas, coa especialidade en Estatística e Investigación Operativa, en 1986 na Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén presentei a tese doutoral en 1996 no campo da Teoría de Xogos. Desde 1986 desempeño tarefas docentes na Universidade de Santiago de Compostela, sendo actualmente Profesora Titular de Universidade. No campo da investigación son coautora de máis de 40 artigos e formei parte do equipo de numerosos proxectos de investigación. A miña investigación, así como a miña docencia, oriéntanse fundamentalmente cara á Teoría de Xogos e a Programación Matemática, tanto desde un punto de vista teórico como aplicado.


Programa de investigación:

M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria, M4 Competitividade Industrial. Produción e xestión eficientes