Beatriz Pateiro

Estatística e Investigación Operativa
Researcher ID
E-6767-2012
Código ORCID
0000-0002-7714-1835
Doutora pola USC dende 2008 (Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa), profesora Titular de Universidade do departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización (USC) e membro do grupo Modestya (Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións). A miña labor investigadora céntrase no campo da estimación de conxuntos e tense traducido en numerosas publicacións, incluíndo revistas de alto impacto como Journal of the Royal Statistical Society: Series B, Journal of the American Statistical Association, Journal of Statistical Software ou Statistics and Computing. Ademais, desenvolvín software para a estimación de conxuntos, cuxos paquetes de R, "alphahull" e "alphashape3d", utilízanse amplamente en diversas aplicacións. Participei activamente en proxectos de investigación financiados a nivel nacional e europeo, asumindo en algúns o papel de investigadora principal. Tamén fun convidada a impartir conferencias e seminarios en recoñecidos centros de investigación. En paralelo á miña labor investigadora (conto con dous sexenios consecutivos de investigación e un sexenio de transferencia), combino a miña experiencia docente con responsabilidades de xestión, desempeñando o cargo de vicedecana da Facultade de Matemáticas desde xaneiro de 2015 ata xuño de 2018, e actualmente ocupo o cargo de secretaria na mesma facultade.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos, M4 Sociedade Dixital. Computación, aprendizaxe e seguridade, M4 Competitividade Industrial. Modelización matemática para a industria