Buscades problemas? Pois demostrade un lema
Buscades problemas? Pois demostrade un lema
"Buscades problemas? Pois demostrade un lema", impartido por Sandro Caeiro Oliveira (Área de xeometría e topoloxía).
Data: Mércores 18 de outubro de 2023.
Hora: 17:00 h.
Lugar: Salón de Graos, Facultade de Matemáticas da USC.
Abstract:
Cando falamos de investigación en matemáticas, en ocasións resulta difícil imaxinarse que se fai nas áreas menos aplicables. Nesta charla intentarase amosar como se leva a cabo este traballo nun exemplo da área da Xeometría de Riemann.
Partindo dun problema amplamente estudado como son as métricas de Einstein, buscaremos as denominadas métricas críticas, que xeneralizan as anteriores mais dando lugar a unhas ecuacións máis difíciles de resolver. Nesta charla non nos centraremos nos resultados, senón nos procesos seguidos para salvar esas dificultades, amosando que ás veces é mellor ir resolvendo un problema parcialmente que intentar atacalo globalmente.