Carlos Meniño

Topoloxía e Sistemas Dinámicos, Teoría de Foliacións, Análise Topolóxica de Datos
Researcher ID
Código ORCID
0000-0002-2325-5079
Defendín a miña tese de doutorado na Universidade de Santiago de Compostela no departamento de Xeometría e Topoloxía no ano 2012. O tema central da miña investigación son as foliacións nos seus diversos aspectos topolóxicos, xeométricos e dinámicos, en particular no problema de realización de variedades como follas. Adicionalmente estou interesado na análise topolóxica de datos, a teoría de grafos e a resolución de problemas aplicados. Realicei estancias tanto predoctorais como postdoutorais en diferentes universidades de todo o mundo, participei en decenas de congresos e seminarios nacionais e internacionais así como en multitude de proxectos de investigación en varios países diferentes. Publiquei traballos de investigación en revistas de prestixio internacional. Recibín becas de entes públicos como a Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia e Innovación ou a CAPES e o CNPq (Brasil) e entes privados como a bolsa de postgrao da Fundación Barrié de la Maza. Fun profesor adxunto na Universidade Federal Fluminense (Brasil) durante o período 2016 a 2021 ano no que me incorporei á Universidade de Vigo como profesor axudante doutor.
Programa de investigación:
M4 Ciencia e Coñecemento. Dinámica e fenómenos complexos, M4 Ciencia e Coñecemento. Análise matemática de datos