CIENCIA E CONCIENCIA NO SÉCULO XXI: I XORNADAS DE CENTROS DE INVESTIGACIÓN INTERUNIVERSITARIOS DO SUG

20 Feb 2025
10:00
Sala 9 - Edifico Fontán, Cidade da Cultura | Santiago de Compostela
CITMAga, ECOBAS e CISPAC

CIENCIA E CONCIENCIA NO SÉCULO XXI: I XORNADAS DE CENTROS DE INVESTIGACIÓN INTERUNIVERSITARIOS DO SUG
20 DE FEBREIRO DE 2025 (Sala 9 - Edifico Fontán, Cidade da Cultura | Santiago de Compostela)

 

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Economics and Business Administration for Society (ECOBAS) e o Centro de Investigación Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), unen forzas para organizar a I Xornada dos centros de investigación interuniversitarios do SUG: Ciencia e conciencia no S.XXI. Estas xornadas queren servir para dar a coñecer os tres centros de investigación de nova xeración e para achegar aos seus investigadores e investigadoras en estratexias comúns de cooperación.


Ademáis, preténdese promover un debate social sobre a ciencia no século XXI, a súa vinculación coas necesidades sociais e tamén as ameazas e retos a que se debe enfrontar a investigación nun mundo que muda a unha grande velocidade en termos tecnolóxicos e ambientais, indagando e pensando liñas multi ou transdisciplinares de traballo a través da definición de problemas de investigación de alcance social tecnolóxico ou ambiental no mundo de hoxe.


Achegamos o programa provisional das xornadas, nas que agardamos contar coa vosa presenza, e informámosvos de que desde hoxe está xa aberto o formulario de rexistro.

PROGRAMA PROVISIONAL

10.00h  Café de benvida
10.30h  Apertura
10.45h  Presentación dos tres centros
11.15h  Conferencia de Pilar Rico (FECYT) sobre ciencia aberta
12.00h  Debate
12.30h  Breve descanso
12.45h  Conferencia de Joan Subirats (Catedrático da UAB, exministro de Universidades) sobre a ciencia no século XXI: límites, ética e necesidades sociais da investigación
13.30h  Debate
14.00h  Xantar
15.00h  Grupos de traballo: Ciencia con e para a sociedade pensada a partir dos desafíos deste tempo


•    G1: Tecnoloxía (IA)
•    G2: Ambiental
•    G3: Social

16.30h  Clausura
17.00h  Visita ao Galiverso

Contamos ca vosa presenza!