CITMAga-OT-01/2023
OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-01/2023
1 contrato como investigador/a asociado/a en tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “ Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “ Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.
OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-01/2023: 1 contrato como investigador/a asociado/a en tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “ Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “ Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.
DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-01/2023.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a asociado/a.
TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “ Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “ Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “ Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: traballos de investigación para a conceptualización, o deseño, o desenvolvemento e a validación de modelos de optimización no ámbito enerxético. Tarefas: documentación, elaboración de código, validación de modelos de optimización matemática e revisión de informes.
PERFÍS DOS CANDIDATOS: Doutoramento.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
- Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
-
Expediente académico do grao/licenciatura e/o máster. Valorarase máster de especialización con contidos en modelización/optimización matemática. Grao de afinidade da tese doutoral coa liña de investigación e título de doutor/a. Valoraranse Doutores/as relacionados coas Matemáticas. (10 puntos).
-
Coñecemento e experiencia en modelización de problemas optimización matemática (10 puntos).
-
Coñecemento e experiencia en linguaxes de modelización como AMPL, GAMS, JUMP, Pyomo... (10 puntos).
-
Coñecemento e experiencia en contornas "cloud", bases de datos, software de control de versións... (10 puntos).
-
- Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
-
Experiencia en programación en linguaxes de cálculo científico, preferentemente C, C++ e Python. (10 puntos)
-
Uso da plataforma de Microsoft Azure. (10 puntos)
-
Creación de informes de MS Power BI. (10 puntos)
-
- Entrevista persoal (30 puntos).
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funciones do posto. Entrevistarase polo menos ás/ós tres candidatas/os con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 45 puntos.
REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
-
Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
-
Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
-
Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
-
Ter cumpridos os 16 anos.
-
Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
-
Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
-
Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.
CONDICIÓNS:
-
Retribución bruta mensual: 549,57 € en 14 pagas.
-
Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección (*1).
-
Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
-
Categoría Laboral: investigador/a asociado /a
-
Xornada laboral: 25% (8,75 horas semanais).
-
Horario: L. 10:00-12:15, M. 10:00-12:00, Me. 10:00-11:30, X. 10:00-11:30, V. 10:00-11:30.
COMISIÓN DE AVALIACIÓN:
As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída polo responsable científico (presidiraa) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro.
Membros da Comisión Especializada de Selección:
-
Presidente: Julio González Díaz.
-
Secretaria: Beatriz Pateiro López.
-
Vogal: Francisco Pena Brage
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES:
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 16 de xaneiro de 2023 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster e Doutoramento; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-01/2023. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: : ata o 16 de xaneiro de 2023 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 16 de xaneiro de 2023.
Resolución da convocatoria: segunda quincena de xaneiro de 2023.
CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS:
Os contratos recollidos nesta convocatoria terán carácter laboral indefinido para o desenvolvemento da liña de investigación indicada en cada convocatoria de prazas e o persoal contratado a través da mesma dedicarase en exclusividade á realización das actividades vinculadas á liña de investigación para a que será contratado.
RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS:
As persoas contratados deberán manter a confidencialidade da actividades que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestión e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.
INCOMPATIBILIDADES:
Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto o seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servicio das Administracións Públicas.
_______________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
- (*1) A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato.