OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-01/2024

Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”

DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.

TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación de modelización matemática, predición estatística e optimización en problemas da ciencia e da industria, na Área de Investigación e Transferencia “ Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “ Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “ Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: mellora incremental da ferramenta de optimización actual e o seu fluxo de cálculo, mellora incremental das ferramentas de visualización, desenvolvemento de algoritmia propia, modelización estatística, análise e implementación de técnicas de machine learning.

PERFIS DAS PERSOAS CANDIDATAS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
  • Expediente académico do grao/licenciatura e/ou mestrado. Valorarase grao ou licenciatura en física e mestrado de especialización con contidos en modelización, estatística e optimización matemática (10 puntos).
  • Coñecemento e experiencia previa na implementación de algoritmos de optimización matemática. (10 puntos).
  • Coñecemento e experiencia en contornas cloud e software de control de versións. (10 puntos).
  • Coñecemento e experiencia previa en tratamento e análise de datos. (10 puntos).

  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Experiencia en programación en linguaxes de cálculo científico (20 puntos)
  • Experiencia coa plataforma Microsoft Azure e similares. (5 puntos)
  • Experiencia en creación de informes de MS  Power  BI e similares. (5 puntos)

  • Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistarase polo menos ás/ós tres candidatas/os  con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 40 puntos.

REQUISITOS XERAIS DAS PERSOAS CANDIDATAS

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.
  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
  • Estar en posesión do título e demais requisitos esixidos na convocatoria para cada categoría ao finalizar o prazo de solicitude.
  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.679,05 € en 14 pagas.
  • Data inicio prevista: a partir do dia seguinte á data da resolución da selección (1).
  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

COMISIÓN DE AVALIACIÓN:

As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto.  A Comisión estará constituída polo responsable científico do proxecto (presidiráa) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro.

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidente: Julio González Díaz.
  • Secretaria: Beatriz Pateiro López
  • Vogal: Francisco Pena Brage

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 24 de xaneiro de 2024 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación  remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-01/2024. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: ata o 24 de xaneiro de 2024 ás 23:59 horas.
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: a partir do 24 de xaneiro do 2024.
Resolución da convocatoria: primeira quincena  de febreiro do 2024.

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Os contratos recollidos nesta convocatoria terán carácter laboral indefinido para o desenvolvemento da liña de investigación indicada en cada convocatoria de prazas e o persoal contratado a través da mesma dedicarase en exclusividade á realización das actividades vinculadas á liña de investigación para a que será contratado. Ademais das causas de extinción previstas no artigo 49 do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e as normas de desenvolvemento e concordantes, o contrato finalizará cando finalicen as actividades obxecto do mesmo ou cando finalice o financiamento. Á extinción do contrato ao traballador corresponderalle unha indemnización de 20 días por ano traballado ou parte proporcional.

RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS

As persoas contratados deberán manter a confidencialidade da actividades que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestión e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.

INCOMPATIBILIDADES

Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto o seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servicio das Administracións Públicas.

INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS  (RXPD 2016/679 e LOPDGDD 3/2018)

RESPONSABLE DO TRATAMENTO: CONSORCIO CENTRO DE INVESTIGACIÓN E TECNOLOXÍA MATEMÁTICA DE GALICIA (CITMAga)
FINALIDADE DO TRATAMENTO: A xestión das candidaturas vinculadas ao proceso de selección
LEXITIMACIÓN PARA O TRATAMENTO: Consentimento da persoa interesada (artigo 6.1a do RXPD)
DESTINATARIOS DOS DATOS: Non se cederán datos a terceiros
PRAZO DE CONSERVACIÓN: Os datos proporcionados conservaranse durante o prazo máximo de dous anos
EXERCICIO DE DEREITOS: As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos, oposición, limitación do tratamento e retirar no seu caso o consentimento outorgado enviando un email a dpd@citmaga.gal
CONTACTO DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS E INFORMACIÓN ADICIONAL: dpd@citmaga.gal

 

(1) A data de inicio prevista pode sufrir modificacións en función da data de resolución de adxudicación do contrato.