OFERTA DE TRABALLO CITMAga-OT-02/2023

1 contrato como investigador/a asociado/a en tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”

OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-02/2023: 1 contrato como investigador/a asociado/a en tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”

DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Produción e xestión eficientes” e na liña de investigación “Tecnoloxía Matemática e eficiencia enerxética”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-02/2023.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a asociado/a.

TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na Área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.

FUNCIÓNS A REALIZAR: modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria relacionados co electromagnetismo, a transferencia de calor e a dinámica de fluídos.

PERFÍS DOS CANDIDATOS: Doutoramento.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (no seu caso). Título de doutor. Grao de afinidade da tese doutoral coa liña de investigación proposta. Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial. (25 puntos).

    • Coñecementos de inglés (5 puntos).

  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control, e na implementación e validación en computador de algoritmos e métodos numéricos propios destas disciplinas e, en particular, aqueles relacionados co electromagnetismo, a transferencia de calor e a dinámica de fluídos (15 puntos).

    • Experiencia acreditada na participación en proxectos internacionais relacionados co ámbito industrial (8 puntos).

    • Experiencia acreditada na redacción de artigos científicos en revistas do JCR e na participación como relatora en congresos internacionais. (5 puntos)

    • Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab, etc.) (7 puntos).

    • Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización (5 puntos).

  • Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funciones do posto. Entrevistarase polo menos ás/ós tres candidatas/os  con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 40 puntos.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS:

Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

  • Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.

  • Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.

  • Ter cumpridos os 16 anos.

  • Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.

  • Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.

  • Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 2.198,27 € en 14 pagas.

  • Data inicio prevista: a partir de febreiro de 2023.

  • Tipo de contrato: contrato de actividades científico-técnicas indefinido.

  • Categoría Laboral: investigador/a asociado/a

  • Xornada laboral: a tempo completo (35 horas semanais).

  • Horario: L. M. Me. X. 8:00-13:30 / 15:00-17:00, V. 9:00-14:00.

COMISIÓN DE AVALIACIÓN:

As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída polo responsable científico (presidiraa) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro.

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidenta: Dolores Gómez Pedreira.

  • Secretaria: Pilar Salgado Rodríguez.

  • Vogal: José Luis Ferrín.

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES:

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 23 de xaneiro de 2023 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria  do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Máster e Doutoramento; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: itmati@citmaga.gal indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-02/2023. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

Recepción de solicitudes: : ata o 23 de xaneiro de 2023 ás 23:59 horas

Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 23 de xaneiro de 2023.

Resolución da convocatoria: semana do 23 de xaneiro de 2023.

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS:

Os contratos recollidos nesta convocatoria terán carácter laboral indefinido para o desenvolvemento da liña de investigación indicada en cada convocatoria de prazas e o persoal contratado a través da mesma dedicarase en exclusividade á realización das actividades vinculadas á liña de investigación para a que será contratado.

RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS:

As persoas contratados deberán manter a confidencialidade da actividades que realicen, así como gardar sixilo de todas as cuestión e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor.

INCOMPATIBILIDADES:

Os contratos obxecto da convocatoria quedan sometidos, en canto o seu réxime de incompatibilidades, ao previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do Persoal ao Servicio das Administracións Públicas.